conveniocgeti_1

José Pose - Manuel Lara (Foto: Laura Vieiro, Nortideas)

O Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) firma un convenio de colaboración con Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial.

D. José Pose Blanco, Presidente do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e o Dr. Manuel Lara Coira, Presidente de Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, subscribiron un convenio co obxecto de desenvolver programas comúns en diversos procesos e actuacións que axuden á protección, conservación e difusión do noso patrimonio industrial como parte inesquecible e inseparable do patrimonio cultural galego.

Esta colaboración vai axudar a coñecer en profundidade, protexer e poñer en valor o patrimonio industrial máis enraizado na nosa cultura e na paisaxe galega.

Por outra banda, as actuacións de recuperación, consolidación e rehabilitación do patrimonio industrial galego poden contribuír á xeración de actividades concretas tanto colectivas como individuais entre os membros do nomeado colectivo profesional.

conveniocgeti_3

José Pose - Manuel Lara (Foto: Laura Vieiro, Nortideas)

Ademais de D. José Pose Blanco, na súa dupla condición de Presidente do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, asistiron ó acto da firma os señores D. Jorge Rivera Gómez, Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, D. Santiago Gómez-Randulfe Álvarez, Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense, e D. Manuel López García, Presidente da Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña.

conveniocgeti_2

Manuel López - José Pose - Manuel Lara - Jorge Rivero - Santiago Gómez-Randulfe (Foto: Laura Vieiro, Nortideas)