20090820 Minas do Freixo 02_C

As minas de ferro do Freixo (M. Lara, 2009)

Visitamos recentemente as minas de ferro do Freixo, na parroquia de Marcelle do concello de Monforte de Lemos (Lugo). Os documentos máis antigos xa falan das minas no século XV, cando eran explotadas para fornecer ás ferrerías que proveían de material e armamento ó primeiro Conde de Lemos, Pedro Álvarez Osorio.

Algúns séculos máis adiante, técnicos alemáns dirixiron con gran eficacia os labores mineiros que permitiron subministrar ferro ós seus gobernos tanto na primeira (1914-18) como na segunda (1939-45) guerra mundial.

Nestes tempos o material transportábase por medio de vagonetas suspendidas de cables desde a bocamina ata a estación ferroviaria de Canaval (uns oito quilómetros), no veciño concello de Sober (Lugo), e de aquí levábase por ferrocarril ata o embarcadoiro chamado “do alemán” en Rande, na ría de Vigo, do que marchaba por mar ata Alemaña.

Estamos a recoller máis información verbo destas explotacións co gallo de preparar a correspondente entrada nos nosos “Documentos”.