Vimos de dar remate ás primeiras cen fichas verbo outros tantos elementos do patrimonio industrial de Galicia.
Grazas ás axudas de custo solicitadas perante a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia están xa na nosa web ó libre dispor de calquera persoa interesada no noso pasado industrial.
Premendo na pestana rotulada “Patrimonio” entraredes no arquivo que contén as devanditas primeiras cen fichas, indexadas por concellos e por provincias, e ás que se pode ademais acceder escribindo no buscador palabras clave: muíño, mina, lapis, conservas, etc. A identificación en Google Maps fai ben doado chegarmos o sitio.
Foron moitos meses de traballar arreo e aínda que o resultado precisa pulimento, confiamos que sexa de utilidade.
no pude estar en la conferenci del lunes en el Ateneo de Santiago, pero me la comentaron.
me interesa el tema y me guataría conocer las condiciones para tener más informción.
gracias y enhorabuena por la asociación.
un saludo