VII Congreso TICCIH España

9 Xullo 2017

Mesa inaugural, con la representación de la Diputación de A Coruña, Xunta de Galicia, Ayuntamiento de As Pontes, TICCIH España, TICCIH, Ministerio de Cultura del Gobierno de España, y Endesa (izq. a der.)

Promovido pola sección española do Comité Internacional para la Conservación do Patrimonio Industrial (TICCIH España), rematou o Sétimo Congreso do Patrimonio Industrial e a Obra Pública, con máis dun cento de asistentes para atender ás oitenta e catro ponencias presentadas.

Ruta Industrial Ría de Vigo

20 Xuño 2017

Rede de Patrimonio Cultural

6 Xuño 2017

Máis de sesenta entidades culturais e patrimoniais de toda Galicia abriron o proceso para a creación da Rede polo Patrimonio Cultural Galego, unha entidade cuxo principal obxectivo será vertebrar a defensa e promoción do patrimonio cultural do país baixo a premisa que nel funda a nosa identidade. Trinta e tres delas estiveron representadas na xuntanza fundacional habida no Museo do Pobo Galego o pasado día 3 dos correntes. Nas vindeiras semanas, as asociacións que refrenden os acordos tomados constituirán xa formalmente esta Rede de Patrimonio Cultural.

Premio Luís Tilve 2016

31 Maio 2017

A Fundación Luís Tilve ven de honrarnos coa concesión do Premio Luís Tilve 2016 no seu apartado de Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns. Agradecemos de corazón o recoñecemento que supón ao noso traballo, agradecemento extensivo a todas as persoas e entidades que co seu apoio axudan a que continuemos co labor iniciado no verán do ano 2008.

Segunda Andaina Industrial

24 Maio 2017

Co gallo do Día Internacional dos Museus e grazas ao Museo Anfaco da Industria Conserveira, imos gozar da Segunda Andaina Industrial, percorrendo desta volta as pegadas da industria en Bouzas e Alcabre. É unha boa maneira de comezar a institucionalizar o interese polo patrimonio industrial de Vigo.

Salga de Félix Romaní

4 Maio 2017

Almacén de salga de Félix Romaní, ca. 1838 (Manuel Lara, 2011)

O que fora almacén de salga de Félix Romaní en Anido (Muros)

Artigos do Premio de Investigación 2015-2016

8 Abril 2017

Ven de sair do prelo a publicación que recolle os traballos que foran selecionados para concursar ao Premio de Investigación Buxa 2015-2016. Os socios de Buxa estarán a recibilo nas vindeiras semanas

Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

18 Marzo 2017

A edición anterior dos Encontros celebrouse en Cabo de Cruz (Manuel Lara, 2015)

Do vindeiro 29 de xuño até o 2 de xullo vai celebrarse en Combarro (Poio, Pontevedra) a décimo terceira edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. De periodicidade bienal e carácter itinerante polos portos de Galicia, é unha das manifestacións da cultura marítima máis importantes das que se celebran na Península Ibérica. Vémonos alí (Máis información en Culturmar).

Sétimo Congreso TICCIH España

13 Febreiro 2017

2017-02-13_CARTEL CONGRESO 2017-2

Sétimo Congreso TICCIH España.

Premio de Investigación Buxa 2017

30 Xaneiro 2017

2017-01-30_Premio Buxa 2017

Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial convoca o Premio de Investigación Buxa 2017. As bases pódense consultar no correspondente apartado