Public funds

Fondos públicos concedidos no ano 2010

O 23 de xullo do ano 2010, Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial solicitou unha axuda de custo para a xeración de contidos dixitais o abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza, e se procede á súa convocatoria para 2010 (procedemento administrativo PR521A), publicada no Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño do 2010.

logo-xuntalogo-ministeriologo-avanzalogo-feder

O Diario Oficial de Galicia número 223, do 19 de novembro do 2010 publicaba a Resolución do 12 de novembro de 2010, da Subdirección Xeral de desenvolvemento da Sociedade da Información, pola que se dispón a publicación da relación das subvencións concedidas ó abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2010 para as entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza, procedemento administrativo PR521A.

O proxecto presentado consistiu na preparación, dixitalización, edición e difusión na internet das fichas de cincuenta instalacións do patrimonio industrial galego consonte o modelo anteriormente establecido, e cuxos resultados poden consultarse na sección “Inventario”.

O presuposto da actuación foi de Trinta Mil Euros (30.000,00 €) e concedeuse unha axuda de custo do 85%, é dicir, unha subvención de Vinte e Cinco Mil Cincocentos Euros (25.500,00 €).

O axuda foi cofinanciada con fondos da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España no marco do Plan Avanza.

Na seguinte ligazón preséntase a memoria do proxecto financiado:

Memoria realización actividade_2010

Os contidos da Memoria de realización da actividade no ano 2010 están suxeitos a unha licenza de Creative Commons

logo-xuntalogo-ministeriologo-avanzalogo-feder

Licencia de Creative Commons
Esta páxina está baixo unha licenza de Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported.