Almacén de salga na praia de San Francisco

16 Maio 2018

Almacén de salga en San Francisco (Manuel Lara, 2013)

Almacén de salga de Pablo Poch Giró (1828) na praia de San Francisco (Louro, Muros)

A industria da ría de Vigo dende o mar

13 Abril 2018

Vai ser a sexta volta arredor da historia industrial da ría de Vigo

Ano europeo do patrimonio cultural

22 Marzo 2018

Sumámonos á celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural cunha xuntanza no Instituto de Educación Secundaria Plurilingüe Fontexería, en Muros (A Coruña), xuntanza na que fixemos a exposición das nosas actividades e presentamos varios exemplos dos elementos do patrimonio industrial en Muros e na súa contorna.

8 de marzo

8 Marzo 2018

Poida que sexa hoxe o día máis axeitado para lembrarmos de que o desenvolvemento alcanzado veuse sustentando na explotación das mulleres e dos nenos.

Central da Freixa

13 Febreiro 2018

Central eléctrica da Freixa en O Pozo, San Lázaro, A Pobra do Caramiñal (Manuel Lara, 2017)

A central hidráulica de “Eléctrica de la Puebla” subministraría electricidade dende 1899 na Pobra do Caramiñal, e dende 1904 tamén en Ribeira. Para mellor atender ao servizo nas estiaxes, en 1909 solicitábase permiso para a construción na praia da Freixa dunha central auxiliar con caldeira de carbón e máquina de vapor.

La Minerva

13 Xaneiro 2018

La Minerva, fábrica de papel continuo (Manuel Lara, 2010)

Cos restos de “A Torre do Río” a familia Rivero de Aguilar edificaría contra 1847 un muíño papeleiro que vai converterse en 1862 na primeira fábrica de papel continuo que houbo en Galicia

Eloy Domínguez

24 Decembro 2017

A marca de Eloy Domínguez Veiga (Manuel Lara, 2014)

Unha das marcas rexistradas para os produtos fabricados en “Cerámica Domínguez del Noroeste” (CEDONOSA)

Salto de Somede

1 Decembro 2017

             Central hidroeléctrica de Somede, n’As Pontes de García Rodríguez (Manuel Lara, 2017)

O aproveitamento de pequenos saltos hidráulicos para a produción de electricidade: os principios da electrificación en Galicia.

Día Mundial do Patrimonio

8 Novembro 2017

O 16 de novembro vaise celebrar o Día Mundial do Patrimonio. Ainda que coa data acaída a nosa axenda, apoiamolo dende Buxa coa presentazón en Ferrol do libro que recolle os Premios de Investigación Buxa da pasada convocatoria e a conferencia a impartir por un dos autores dos traballos seleccionados. Ademais do traballo que presentará José López Hermida, o libro inclúe os traballos de Guillermo Llorca, Manuela Santalla, Alberta Lorenzo e Tamara Campo.

Premio Galicia de Industria

10 Outubro 2017

O Colexio e a Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia fixéronos a honra de agasallarnos con Premio Galicia de Industria na súa segunda edición