Asociación Buxa | Buxa - Asociación Galega de Patrimonio Industrial - Part 4

Nadal

23 Decembro 2016
2016-12-24_fabrica-de-conservas_segundo-hevia-1994

Traballando na conserva (Acuarela de Segundo Hevia, 1994)

Premio Buxa 2015-2016

14 Decembro 2016

cd_dsc_0526

A piques de convocarse a Premio de Investigación Buxa 2017-2018, fíxose a entrega do precedente á gañadora

2016-12-14_-img_0239

Pegadas da industrialización en Galicia

21 Novembro 2016

2016-11-21_montaje-presentacion-libro

Fábrica do Petirro

6 Novembro 2016
2016-11-06_fabrica-do-petirro-forcarei-1920-manuel-lara-2012

Fábrica do Petirro, en Forcarei (Manuel Lara, 2012)

A rehabilitación dunha pequena industria establecida en 1920 chega ata nós como exemplo de bo facer.

“Vigo pesqueiro” comeza a súa andaina

25 Outubro 2016

2016-10-25_portada_01

Despois da inauguración oficial, o proxecto Vigo pesqueiro” comeza mañá a súa andaina: vaian aquí os nosos mellores desexos de éxito

Vigo pesqueiro

18 Outubro 2016
2016-10-18_vigo-pesqueiro

Cartel do evento (Vigo pesqueiro, 2016)

O Primeiro Congreso de Turismo Industrial Galicia e Norte de Portugal vai presentar en Vigo as oportunidades de desenvolvemento económico e social do territorio vinculadas a industria, co complemento das experiencias da industria viva en turismo, cultura e museos

O abandono do patrimonio

22 Setembro 2016
2016-09-22_las-acenas-juanpitadaveiga

Real Fábrica de Fariñas do Ponto (Juan Pita da Veiga, 2016)

En 1785 Santiago Beaujardin, vicecónsul de Francia na vila de Ferrol, emprendía a construción dunha fábrica de fariñas nas Aceas do Ponto, no esteiro do río Freixeiro. O seu compatriota e socio, Juan Lembeye, comisionado de abastecemento dos Reais Arsenais e director da Real Compañía Marítima, quedaba en 1796 como único propietario. Cos seus tres muíños e unha capacidade de moenda de máis de mil toneladas ao ano, moía gran chegado de Filadelfia, Bayona, Bordeus, Londres, Ámsterdam, Hamburgo e San Petersburgo, atendendo á forte demanda dunha poboación en incesante crecemento e enviando fariñas á Habana. En 1860 vendéronse os muíños a Nicolás Fernández e José Rodríguez, que aproveitaron a recuperación da moenda na comarca nun novo apoxeo da construción naval ferrolá. Este muíño de mareas, o maior dos nove que se conservan en Galicia, pechou as súas portas mediada a década de 1960, e hoxe, lamentablemente abandonado, camiña cara á súa ruína.

Curtidoiro en Noia

3 Setembro 2016
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Fábrica de curtidos de Juanatey en Noia (Manuel Lara, 2016)

Un curtidoiro da familia Juanatey nas ribeiras do Traba, aínda merecedor de conservación

Vigo pesqueiro

13 Agosto 2016

2016-08-13 Vigo Pesqueiro

É con agrado que damos conta do acordo acadado coa Fundación para a Pesca e o Marisqueo (FUNDAMAR) para prestar a nosa colaboración no proxecto “Vigo pesqueiro” na procura dunha oferta turística de calidade, complementaria e desestacionalizada. FUNDAMAR (http://www.fundamar.org) foi creada no 2010 pola Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), a Unión Xeral de Traballadores (UGT-Galicia) e as Comisións Obreiras (CC.OO.-Galicia) e conta coa colaboración do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Genius loci: o xenio local

2 Xullo 2016
2016-07-02_Genius loci

Fotografías de Tomasz Sienicki (2004), Destilerías Compostela (1999) e Xurxo Lobato (1988)

Un proxecto subvencionado pola Unión Europea, con socios en Italia, España, Hungría, Malta e Bélxica, pretende dirixir a atención á herdanza de pequenas empresas industriais, para (re)valorizar o significado do seu patrimonio e incrementar o seu coñecemento e aprecio polos turistas e polo público en xeral.
Nunha primeira fase do proxecto identificáronse como prioridades:
• a industria tradicional de bebidas fermentadas (cervexa, viño, sidra) e de obtención dos seus destilados;
• a industria cerámica (ladrillos, baldosas, tellas, refractarios, olería, drenaxes);
• a artesanía téxtil (teares) e a produción de fibras téxtiles europeas tradicionais (liño, cáñamo).
Os lugares e museos que se inclúan no proxecto recibirán gratuitamente a etiqueta INDUSTRIANA. Póñase en contacto connosco para maior información (asociacionbuxa@asociacionbuxa.com)