Colaboración

14 Febreiro 2016
2016-02-13_Hispano-Suiza H-6, 1919

Hispano-Suiza H-6, presentado no 1919 en París (Museo de Automoción e Historia, Fundación Jorge Jove)

Unha xuntanza prometedora baixo o criterio de traballar compartindo o que nos une

2016-02-13_Cabina Mikado (Martina Campo, 2008)

Cabina da locomotora Mikado, no Museo do Ferrocarril de Galicia (Martina Campo, 2008)

A fábrica de acoirazados

4 Xaneiro 2016

2016-01-04_SECN

Atópase xa á venda o espléndido traballo de José María de Juan-García Aguado “La fábrica de acorazados: la Sociedad Española de Construcción Naval en Ferrol (1909-1936)”, no que esta asociación participou para facer posible a súa publicación.

Bo Nadal, e mellor Aninovo

20 Decembro 2015
2015-12-19_Santo André de Teixido_Nadal 2015

Mencer en Santo André de Teixido (sabe alguén quen foi o fotógrafo?)

Curtidoiro de Boo

3 Decembro 2015
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Fábrica de curtumes de Antonio Boo (Manuel Lara, 2015)

Da notable industria do curtume que houbera en Chantada, o curtidoiro que fora de Antonio Boo, máis coñecido como “o curtidoiro do merluza”, é o único que sobrevive ao afán demoledor dos nosos tempos.

Matadoiro municipal de Lugo

3 Novembro 2015
2015-11-03_20151030_165438 (Emilio Valadé del Río)

O que fora Matadoiro Municipal de Lugo (Emilio Valadé del Río, 2015)

A xentileza e amabilidade do profesor Emilio Valadé del Río achegounos información do recuperado Matadoiro Municipal de Lugo, hoxe Sala de Exposicións da Porta Miñá, porta do Miño ou do Carme na muralla bimilenaria. Nesta semana completaremos a ficha correspondente no noso inventario (será a 383!).

Terra e lume na ría de Ferrol

17 Outubro 2015

2015-10-17_Libro Justino

Atópase xa á venda nas librarías o espléndido traballo de Justino Fernández Negral, recollido nun coidado volume editado por “Ensenada de Ézaro Ediciones”. Os nosos asociados están xa a recibir como merecido agasallo este o noso primeiro libro.

Experiencia industrial n’As Pontes

8 Outubro 2015
2015-10-08_Industria viva_IMG_8593

O Director de GALPARQUET atende aos visitantes [Cortesía de DELOGA, 2015]

Por cortesía do Concello de As Pontes, e da man de DELOGA, empresa creadora do proxecto “As Pontes Experiencia Industrial”, fomos convidados a participar na última visita guiada desta xeira. Nesta volta a empresa visitada foi Galparquet, do grupo empresarial que fundara o gran empresario pontés Roberto Tojeiro Díaz.

As visitas guiadas á “industria viva” complementan e completan o coñecemento do noso patrimonio industrial, e consolidan, xa que logo, os alicerces da nosa memoria colectiva máis próxima, dándolle unha meirande intelixibilidade á nosa historia e ao impacto da industrialización na nosa cultura.

Granxa das Salinas

23 Setembro 2015
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Granxa das Salinas (Manuel Lara, 2015)

Esta impresionante pegada da noutrora fecunda actividade na Enseada de San Simón está a espera dunha intervención que garanta o seu futuro.

Premio de Investigación Buxa 2015

11 Agosto 2015

2015-02-13

Neste Ano do Patrimonio Industrial e Técnico Europeo, Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial convoca o Premio de Investigación Buxa 2015. As bases pódense consultar aquí.

Fundición de Alemparte

9 Xullo 2015
2015-07-09_Z6

“Yuqui” medita diante do que queda da fundición (Alejandro Diéguez, abril do 2013)

Da que fora herdeira sobranceira da sabedoría fundidora de Sargadelos non quedan senón as paredes.

«Fábrica de Fundición / de don Antonio Alemparte.

trabállase aquí con arte, / con esmero e perfección.

Potes, potas e caldeiros, / estufas, bombas, xarróns

e muíños fariñeiros, / columnas, quioscos, balcóns,

tubos, cociñas, xergóns, / bancos, prensas de copiar,

máquinas de debullar / e calquera outro aparato,

nin mellor, nin máis barato / ninguén pode fabricar».