001 Muíño de A Seca

Galería de Fotos

VerVerVerVerVerVer
  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: Cambados
  • Parroquia: Corvillón (San Amedio)
  • Lugar: A Seca
  • Paraxe: Enseada de Cambados
  • Dirección: CP: 36630
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.525428040316065
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.81703794002533
  • Coordeadas UTM: H 29 // X 515151.79 // Y 4708344.78
  • Clasificación: Muíño de mar
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría
  • Comarca: O Salnés
  • Marco Xeográfico: Ría de Arousa
  • Ámbito: Urbano

Tipo de propiedade:

Municipal

Visitable:

Si

Xestión de visitas:

Pódese visitar pagando unha entrada conxunta que inclúe tamén a visita á Casa-Museo Ramón Cabanillas, Pazo Torrado e Museo del Pescador. Hai reducións a menores de idade e maiores de 65 anos e grupos de máis de 20 persoas. Martes-domingo (incluídos festivos) de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h. Luns pechado.

Historia:

Mandado construír no ano 1622 por Gonzalo de Valladares y Sarmiento, señor do pazo de Ferfiñáns, a un “maestre de cantería vecino de la ciudad de la Coruña” e artilleiro chamado Francisco Grie. Este dirixiu as obras dende A Coruña, desprazándose a Ferfiñáns sempre que fose necesario para realizar o seu traballo.

O muíño pertenceu ata o século XIX aos señores de Fefiñáns e a el viñan moer os cereais labradores dunha gran parte do Salnés. O derradeiro muiñeiro foi Manuel Piñeiro Señoráns, sendo o seu propietario Luís Prego Trigo, que deixou de moer a mediados dos anos 70.

Na actualidade o muíño foi restaurado e convertido en enclave museístico, formando parte da Rede de Museos do Concello de Cambados.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado na pontevedresa Ría de Arousa, entre as puntas de Tragove e Fefiñáns, concretamente na Enseada de Cambados. Está na marxe esquerda da ría onde tamén están emprazados tres muíños máis. Recibe o seu nome polo lugar onde se atopa, unha grande extensión de terreo que queda en seca na baixamar, volvendo encherse coa preamar.

Construcción:

Primeira metade do século XVII (1622), por Francisco Grie.

Abandono:

Segunda metade do século XX (1970-1975).

Descrición:

O muíño contaba cunha presa con cinco comportas, o propio muíño, a vivenda, as cuadras e o alpendre. O edificio ten tres plantas e un faiado, feito con cachotes de pedra de gran concertados cun coidado encintado. Na planta baixa atópase a maquinaria para a moenda, está dividida en dúas partes e en cada unha delas instálanse dous sistemas de rotación. A primeira planta está dividida en dous espazos case simétricos e alberga os elementos de trituración: tres moas do país de gran groso, para moer millo, traídas da canteira de Baión e unha "albeira" de gran fino, para o trigo e o centeo, adquirida en Portugal. A segunda planta e o faiado estaban destinadas á vivenda, a primeira mantén a división en dous espazos.
Hoxe en día fixéronse modificacións pero mantendo as estruturas.

Tempo de uso:

Todo o ano, aínda que no mes de xullo o refluxo das augas chegaba a deixar case en seco o encoro durante catro ou oito días. A mellor época dábase entre setembro e Ramos, cando se enchía ata o muro de represa e as augas baixaban con máis forza, incrementándose así a produtividade.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas de trigo, millo e centeo.

Materias Primas:

Trigo, millo e centeo.

Produtos Elaborados:

Fariñas de trigo, millo e centeo. A moenda chegaba a 200 quilos por moa en dúas quendas, de día e de noite, aproveitándose as baixamar que duraban tres horas.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3.

Llano Cabado, P. de, 1980, “O muiño de mar de A Seca”, Obradoiro. Revista de Arquitectura, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Santiago de Compostela. DL VG-50-1980. ISSN 021-6065.

Data de Actualización:

2009