006 Muíño de Acea da Ama

Galería de Fotos

VerVerVer
  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Culleredo
  • Parroquia: Burgo, O (Santiago)
  • Lugar: Acea de Ama
  • Paraxe: Ría do Burgo
  • Dirección:
    Avenida Acea de Ama s/n - 15670
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.3186992505798
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.371415734291077
  • Coordeadas UTM: H 29 // X 551108.99 // Y 4796608.41
  • Clasificación: Muíño de mar
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría
  • Comarca: A Coruña
  • Marco Xeográfico: Ría do Burgo
  • Ámbito: Urbano
  • Tipo de propiedade: Municipal
  • Visitable: Si

Xestión de visitas:

Luns a venres de 18:00 a 21:00 h. Sábado de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. Domingo e festivos pechado. 

Visita guiada para grupos de escolares, previa cita.

Historia:

As noticias sobre o muíño remóntanse ao século XII (1186), cando o rei Fernando II doa as aceas aos monxes do Mosteiro de Sobrado.

No século XVI distintos documentos aportan referencias detalladas sobre as aceas, sinalando a Juan Veles de Sama como a persoa a quen se lle outorgou unha licenza “para que pueda y desfacer [sic] en el dicho rio de Haceadama la dicha molieda e unos molinos de mar en la parte e lugar que le paresca ser mas conveniente para los dichos molinos e servidumbre dellos (...)”

No derradeiro cuarto do século XVIII sábese que D. Francisco Bringas tomou as aceas en aforamento da viúva de D. Gregorio Manuel López Cordido, e que fai algunhas modificacións.

Na actualidade os edificios están totalmente restaurados e albergan o Museo dos Muíños de Acea da Ma.

Construcción:

Mediados do século XVI (c. 1549).

Descrición:

Trátase dun conxunto de edificacións: vivendas, dependencias anexas e o muíño propiamente devandito.

A presa é de reducidas dimensións, ten dúas comportas e hoxe en día está moi alterada polo paso da estrada e da vía do ferrocarril.

O edificio do muíño é unha estrutura que reflexa dúas partes, realizadas en momentos diferentes. A altura da primeira parte é maior á do resto do edificio, tiña tres plantas ou dúas e un faiado, hoxe só se conservan dúas. É de planta rectangular, feita con cantería e perpiaños nalgunhas partes dos muros da planta baixa, nas fiestras e arcos. A cuberta é a dúas augas e de tella. Na planta baixa existen tres arcos de entrada da auga separados por tallamares. A primeira planta non ten divisións interiores, trátase dunha ampla sala na que están instalados os muíños, distribuídos de forma irregular debido ás distintas etapas polas que foron pasando.

Na parte máis antiga sitúanse dous muíños que comparten a entrada da auga nun espazo rectangular. Outro muíño está instalado nun espazo cadrado a unha altura superior que os anteriores. E o cuarto muíño é o único que ten unha estrutura típica dos muíños de marés, está emprazado encima dunha plataforma. Nesta sala hai unha porta de acceso aos edificios adosados e fronte a ela unha escaleira exterior de pedra.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas.

Produtos Elaborados:

Fariñas. 

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009
Xunta de Galicia Ministerio de Industria, Turismo y Comercio Plan Avanza FEDER