010 Muño da Guía

  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: A Guarda
  • Parroquia: Santa María de A Guarda
  • Lugar: A Guarda
  • Paraxe: Penedo da Guía ou Fedorentos
  • Dirección:
    Non procede




  • Coord. Xeográficas - Latitude: 41.90526907193194
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.878146166898432
  • Coordeadas UTM: Datum europeo 1950 (ED50): H 29 // X 510.221.99 m / Y 4.639.480.99 m
  • Clasificación: Muíño de vento
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría
  • Tipoloxía: Torre fixa con cuberta xiratoria.
  • Comarca: O Baixo Miño
  • Marco Xeográfico: Aba occidental do monte de Santa Trega.
  • Ámbito: Rural
  • Tipo de propiedade: Privada
  • Visitable: Exteriormente

Historia:

Os muíños da Guarda pertenceron todos a un mesmo propietario. O número total de muíños que existiron foron sete, conservándose na actualidade seis deles, entre os que se atopa o Muíño do Penedo da Guía.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado nun lugar elevado e rochoso frente ao mar.

Construcción:

Século XIX.

Abandono:

Primeira metade do s. XX (c. 1920).

Descrición:

Torre cilíndrica feita de cachotes de gran tamaño, que se asenta sobre unha plataforma de pedra adaptada ás irregularidades do terreo.

Do interior non quedan restos pero estivo dividido en dúas plantas. Posúe unha lareira e tamén un forno, ademais dunha despensa en cada planta.

Non se conservan os elementos mecánicos, pero sábese que a cuberta era xiratoria, tiña catro velas de lenzo e unha pedra para moer.

Tempo de uso:

Todo o ano.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas.

Emprego:

Sen datos.

Materias Primas:

Centeo, trigo e millo (maínzo).

Produtos Elaborados:

Fariñas.

Distribución e comercialización:

Local.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009 / 4 abril 2013
Xunta de Galicia Ministerio de Industria, Turismo y Comercio Plan Avanza FEDER