015 Muño de Camposancos

  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: A Guarda
  • Parroquia: Camposancos (Santa Isabel)
  • Lugar: O Muíño
  • Paraxe: A Madariz
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 41.87659510836102
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.874179720878601
  • Coordeadas UTM: H 29 // X 510580.24 // Y 4636295.7
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: O Baixo Miño
  • Marco Xeográfico: Monte Tegra
  • Ámbito: Rural
  • Tipo de propiedade: Privada
  • Visitable: Si, exteriormente

Xestión de visitas:

Non.

Historia:

O propietario é D. José Sobrino Vicente e a súa muller, esta última foi quen o herdou da súa familia.

O muíño foi restaurado polos propietarios.

Descoñécese calquera outro tipo de dato sobre o muíño.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado nun lugar elevado, na ladeira do monte de Tegra e mirando cara ao mar, na Punta dos Picos.

Construcción:

Século XIX.

Abandono:

Primeira metade do século XX (c. 1920).

Descrición:

Torre cilíndrica sen plataforma asentada sobre un pequeno zócolo, está feita de cachotes de granito con rachas.

Hoxe en día está enlucido e caleado polo exterior, no interior leva a pedra á vista. Na parte superior dos muros leva unhas canterías cunha quenlla para permitir instalar o sistema xiratorio da cuberta. Ten tres fiestras, unha delas na parte superior da porta. Todos os vans están enmarcados por perpiaños.

O interior está dividido en dúas plantas, na planta baixa hai dúas despensas e accédese á superior por medio dunha escaleira de nova construción pegada á parede, o piso desta planta é de madeira. A cuberta, tamén de nova construción, é cónica, de cinc e cunha estrutura de madeira que alberga as vinte rodas que fan que xire.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas.

Materias Primas:

Millo.

Produtos Elaborados:

Fariñas de millo.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009
Xunta de Galicia Ministerio de Industria, Turismo y Comercio Plan Avanza FEDER