019 Muíño de Riveiro

  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: Catoira (San Miguel)
  • Lugar: Tras da Veiga
  • Paraxe: Monte de Pedras Miúdas
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.66067133179926
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.72763991355896
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta fixa.
  • Comarca: Caldas
  • Marco Xeográfico: Monte de Pedras Miúdas
  • Ámbito: Rural
  • Acceso: O acceso faise a través dun desvío a man esquerda na C-548 que se atopa a uns 150 metros do concello, a altura do centro médico. A pista leva directamente ata os muíños.

Tipo de propiedade:

Municipal

Visitable:

Xestión de visitas:

Non

Historia:

Forma parte do conxunto de muíños do Monte de Pedras Miúdas, un total de cinco muíños de vento (Lorenzo, Riveiro, Catoira, Moure e Casall) que comparten as mesmas características. Foi o último en deixar de traballar, na década de 1940. Construído por J. Riveiro en 1917 para o seu único propietario chamado D. M. Riveiro. No ano 1993 foi reconstruído polo concello. 

Descrición Xeral do Entorno:

Situado no Monte das Pedras Miúdas que sobrepasa os 100 m de altura. Moi preto atópase a Lagoa de Pedras Miúdas, formada de maneira natural nunha vella canteira.

Construcción:

Primeira metade do século XX (1917) por J. Riveiro. 

Abandono:

Primeira metade do século XX (c. 1940).

Descrición:

Torre de planta circular sen ningún tipo de plataforma feita con cachotería de granito. O único van é a porta de madeira, que leva a un pequeno cubículo soterrado. O interior ten unha única planta e o piso é de pedras irregulares. A cuberta é a dúas augas, feita con tella do país e pedras para evitar que o vento as levante. Os elementos mecánicos son moi sinxelos, a trabe, ou eixe horizontal, atravesa diametralmente a torre; a ambos lados ten catro vareiros onde van as aspas.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas.

Produtos Elaborados:

Fariñas.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Muíños de vento de Pedras Miúdas. Concello de Catoira.

Data de Actualización:

2009