023 Muíño de Miguez

Galería de Fotos

Ver
  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: Abalo (San Mamede)
  • Lugar: Cores
  • Paraxe: Monte Mesón
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.64651547226085
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.729243874549866
  • Clasificación: Muíño de vento
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muíñaría
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta fixa.
  • Comarca: Caldas.
  • Marco Xeográfico: Monte Mesón
  • Ámbito: Rural

Visitable:

Historia:

Pertenceu a D. Joaquín Miguez, na porta están gravadas as iniciais "J M" xunto con dúas cruces.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado no cumio do monte Mesón, a uns 6 metros do muíño do Monte Mesón, alonxado dos núcleos de poboación en unha zona con ventos dominantes do SO e NE. 

Construcción:

Finais do século XIX.

Descrición:

Torre cilíndrica sen ningún tipo de plataforma, feito de cachotes con rachas e soamente cun perpiaño no lintel da porta. Esta é o único van da construción, ten unhas proporcións reducidas e está feita con madeira. O interior, de pequenas dimensións, ten unha única planta. O piso é de pedras irregulares no que se aproveitou mesmo unha vella moa. Ten unha lacena no mesmo muro e un pequeno lar sobre uns canzorros. A cuberta é a dúas augas e de tella do país.

Tempo de uso:

Todo o ano, ¡sempre que houbera vento bastante!

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas 

Materias Primas:

Cereais

Produtos Elaborados:

Fariñas

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009