066 Fábrica de Narón

  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Narón
  • Parroquia: Narón
  • Lugar: San Clemente
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.52111734103844
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.152830506591727
  • Clasificación: Fábrica de curtidos
  • CNAE: 15.11 Preparación, curtido e acabado do coiro; preparación e tinguido de peles
  • Comarca: Ferrol

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Non

Historia:

Pedro Tolosa foi un empresario francés que se instalou en Ferrol na súa adolescencia e estivo traballando de mestre capataz nas ferrerías de S.M. Anos máis tarde, mudou a Narón e no ano 1780 decide construír a súa vivenda e unha fábrica de curtimento. Para elo, merca un terreo en monte aberto en San Clemente. Pouco tempo despois, asóciase co seu sogro, Santiago Berdier, pero esta asociación durou soamente sete meses, separándose cordialmente. A partir do ano 1789, a produtividade da fábrica veuse aumentada debido a contratación de operarios do País Vasco e Francia. Pero chegando ao final de século comeza a ter problemas económicos debido as débedas dos seus clientes, quen foron demandados xudicialmente por parte do Sr. Tolosa. Cando este finou no ano 1802, farase cargo da fábrica a súa viúva María Berdier, quen tivo que pedir numerosos préstamos afectada polas guerras napoleónicas.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado nun monte aberto na zona de San Clemente ou San Cremenzo, na marxe dereita do río grande de Xubia.

Construcción:

Segunda metade do século XVIII (década 1780)

Abandono:

Decenio de 1810.

Descrición:

Sen datos.

Tempo de uso:

Todo o ano.

Actividades laborais:

Elaboración de coiros de solas, baquetas, badanas e cordobáns

Emprego:

Tiña un mestre e 9 empregados.

Materias Primas:

Peles, a maioría de vaca, cabra, terneira/o, cabalo e carneiro.

Produtos Elaborados:

Tiña 14 pilos nos que fabricaba unha media de 362 coiros de sola, 366 de baqueta, 620 de becerro, 29 de cabalo, 148 de cabras para cordobáns e 29 para badanas.

Distribución e comercialización:

Local.

Referencias Bibliográficas:

Fernández Negral, J. Las Fábricas de curtidos en la ría de Ferrol, 1783-1956 : nacimiento y ocaso de las tenerías, una aportación a la historia industrial de la ría. Sada, A Coruña: Ediciós do Castro, 2002. 161 p.: il. (Cadernos do Seminario de Sargadelos; 90). ISBN 84-8485-049-8

Data de Actualización:

2009 / 20 xaneiro 2017