073 Fábrica das Casas do Rego

  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Santiago de Compostela
  • Parroquia: San Fructuoso de Afora
  • Lugar: As Casas do Rego
  • Dirección:
    Non procede
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.88378084387725
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.554603959350516
  • Coordeadas UTM: Datum europeo 1950 (ED 50): H 29 // X 536.483,41 m / Y 4.748.218,85 m
  • Clasificación: Fábrica de curtidos
  • CNAE: 15.11 Preparación, curtido e acabado do coiro; preparación e tinguido de peles
  • Tipoloxía: Curtido tradicional en píos (noques)
  • Comarca: Santiago
  • Marco Xeográfico: Aba oriental do Monte Pedroso, na xunta do rego de Bar co río Sarela
  • Ámbito: Rural (no seu tempo)
  • Acceso:
    Situada á esquerda na estrada do Pedroso, uns metros antes do cruce que en sentido contrario leva á Igrexa de San Paio do Monte
  • Tipo de propiedade: Privada
  • Visitable: Exteriormente

Xestión de visitas:

Non procede

Historia:

Juan Elizalde “nación francés, natural de Iholdy (…) de oficio curtidor” foi o construtor da fábrica das Casas do Rego no ano 1791. Traballaron nela como mestres vasco-franceses os irmáns Broussain, tamén Juan Zelay e Pedro Diz. Ambos casaron con dúas das tres fillas de Elizalde, o primeiro foise a vivir a San Sebastián e o segundo quedou viúvo moi pronto e decidiu establecer a fábrica de curtidos de Neiro en San Paio de Sabugueira.

A terceira filla casou con Domingo Dainciart, un mestre curtidor que se faría cargo da tenería unha vez finado Juan Elizalde no ano 1818. Pero a súa avanzada idade só lle permitía traballar, xunto coa súa muller, nuns poucos pilos polo que a produción era moi pequena, chegando a contraer algunhas débedas.

Dainciart e María Elizalde tiveron tres fillos, un deles morreu, outra mudou a Helette e unha terceira, María Dainciart Elizalde casou en 1829 con Bernardo Eleicegui, un guipuscoano que xa tivera unha tenda de curtidos na calle Calderería. Este converteuse en director da fábrica, ampliouna con catro pilos máis, un lavadoiro, varios caleiros e unha templadera, conseguindo reactivala. A comezos da década dos corenta morre Bernardo e faixe cargo da fábrica a súa muller María Dainciart, cun gran éxito, ao converterse nunha das tres maiores tenerías compostelás.

No ano 1857 Bernardo Máiz, xenro de María, dirixirá o negocio de curtidos baixo o nome da sociedade “Vda. de Bernardo Eleicegui e hijos”. En 1883, será nomeado herdeiro polo que a fábrica pasará a ter o seu nome. Nesta época introduciu unha máquina de cilindrado mecánico que homoxeneizaba a calidade da sola e tamén construíu unha canle. O seu fillo, Domingo, tamén se dedicará ao negocio dos curtidos tomando en arrendo a fábrica de As Galanas en 1857, dous anos despois a de San Ignacio do Monte e no 1865 a de Cubeiro. Sen embargo, será Bernardo Máiz Eleicegui, outro dos seus fillos, quen tomará a dirección da fábrica nos anos noventa. Co finamento deste, continuará a súa viúva e fillos ata o remate da primeira guerra mundial.

Despois será arrendada a Jesús Juanatey Laranga, un empresario de Noia, que se encargará da fábrica durante uns seis anos. A fábrica permanecerá pechada ata a guerra civil cando a merca Guillermo Fernández Juanatey, que será sucedido polo seu irmán Alfonso. Con eles a fábrica funcionaría ata comezos dos anos sesenta, época do seu peche definitivo.

Descrición Xeral do Entorno:

A industria acomodouse na marxe dereita do río Sarela e a carón do Rego de Bar e case na xunta de ambos os dous.

Construcción:

1791.

Abandono:

1960.

Descrición:

A fábrica das Casas do Rego aínda conserva en perfeito estado a espléndida vivenda dos antigos propietarios e, dentro dun impoñente muro de pedra a maior parte das instalacións, aínda que as súas cubertas están comezando a caer

Tempo de uso:

Todo o ano.

Sistema de produción:

A partir dos anos corenta emprega o sistema de curtimento mixto, introducindo unha mestura de extractos coa casca no seu estado natural, acelerando así o proceso.

Actividades laborais:

Elaboración, principalmente, de solas.

Emprego:

9 operarios en 1841.

Materias Primas:

Peles de vaca e terneira.

Produtos Elaborados:

Sola e becerro. A primeira empregábase para o piso dos zapatos ou botas e a segunda, para a empeña de zapatos e zocos ou cana para botas.

Distribución e comercialización:

A produción facíase na provincia de Castellón, absorvendo a maior parte Calzados Segarra.

Referencias Bibliográficas:

Carmona Badía, X.; Fernández Vázquez, M. T. A Compostela Industrial: Historia e pegada das fábricas de coiros no concello de Santiago. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, DL. 2003. 184 p.: il. ISBN 84-930667-2-9

Índice de mapas e planos:

Localización no Mapa Topográfico Nacional 1:25.000: Folla 94-IV Santiago de Compostela // Datum europeo 1950 (ED50) H 29 // X 536.483,41 m / Y 4.748.218,85 m

Data de Actualización:

2009
Xunta de Galicia Ministerio de Industria, Turismo y Comercio Plan Avanza FEDER