100 Ponte do ferrocarril sobre o río Eume

  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Pontedeume
  • Parroquia: Pontedeume (Santiago)
  • Lugar: Pontedeume
  • Paraxe: Río Eume
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.41173492933804
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.17408561706543
  • Coordeadas UTM: H 29 // X 567034.06 // Y 4807074.99
  • Clasificación: Ponte de ferro
  • Comarca: Eume
  • Marco Xeográfico: Río Eume
  • Ámbito: Urbano
  • Tipo de propiedade: Municipal
  • Visitable:

Xestión de visitas:

Non

Historia:

O paso do ferrocarril Betanzos-Ferrol sobre o río Eume, que é na súa desembocadura a divisoria dos términos municipais de Pontedeume, na súa marxe esquerda, e de Cabanas, na dereita, resolveuse cunha ponte de tres vans con luces de 40, 70 e 40 m. O proxecto para a construción da ponte do ferrocarril sobre o río Eume foi aprobada o 14 de maio de 1902, xunto cos de Betanzos e Neda, mentres que os de Lambre e Bañobre foron o 29 de novembro dese mesme ano, todos eles pretencentes á liña ferroviaria de Betanzos a Ferrol, popularmente coñecida como “o ramalillo”. En 1896 saía a subasta a construción de “un puente de 160 m de luz sobre a ría do Eume, valorado en 280.185,71 pesetas”, e especificábase a utilización de “sillería de granito de los montes de la Graña, a 20.550 m de distancia, de cuyo transporte se hacen por mar 15 km y por tierra 5.550 m” [Revista de Obras Públicas, Boletín 1896, 43, tomo II (2): 37-38]. A ponte construíuse cara a 1910 e a liña do ferrocarril entre Betanzos e Ferrol inaugurouse o 5 de maio de 1913, aínda que abriu provisionalmente ao tráfico o 4 de febrero de 1912 para a botadura en Ferrol do acorazado “España”. Baixo o tramo de acceso do estribo da marxe dereita do río Eume, no término municipal de Cabanas, ao efectuar as obras de construcción da escolleira e acondicionamento da ribeira que se levo a cabo en 1992, abriuse un oco para facilitar o tránsito peonil cara ao areal de La Magdalena.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado no río Eume, na punta do Estreito, une o municipios de Pontedeume co de Cabanas.

Construcción:

Primeiro cuarto do século XX (c. 1910)

Descrición:

Ponte de ferro de tres vans con luces de 40, 70 e 40 m. Os tramos de acceso están formados por muros de sillería granítica; os estribos e as dúas pías da ponte son de fábrica, tamén de sillería granítica; e a plataforma da ponte sostense por medio dunha estrutura de vigas de ferro forxado con celosías en Cruz de San Andrés e coas cabezas superiores curvas. Sobre o taboleiro da ponte se dispuxeron plataformas interiores a ambos lados da vía do ferrocarril para permitir o tránsito peonil entre ambas beiras. Os tramos metálicos teñen unas lonxitudes de 40 m, os extremos, e de 70 m, o central, e están formados por dúas vigas lonxitudinais unidad por unha serie de viguetas transversais con arriostramentos en Cruz de San Andrés, que avanzan soportando os raís ferroviarios e as plataformas peatoniles. As cabezas de cada un dos tramos acaban con vigas en arco parabólico cun arriostramento superior entre elas con viguetas transversais, e un arriostramento tipo Cruz de San Andrés ás vigas inferiores que soportan o taboleiro da ponte.

Tempo de uso:

Todo o ano

Referencias Bibliográficas:

Alvarado Blanco, S. Puentes históricos de Galicia. [La Coruña]: Colegio Oficial de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos; [Santiago de Compostela]: Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, 1990. 454 p. ISBN 84-404-8256-6

Gutiérrez Morán, A. “Ferrocarril de Betanzos a Ferrol: (El Ramalillo)”, Anuario Brigantino, nº 29 (2006); p. 239-272. ISSN 1130-7625

Nárdiz Ortiz, C. El territorio y los caminos en Galicia: Planos históricos de la red viaria. Fernández Ordóñez. J. A. (prol.). Galicia: Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos; [Santiago de Compostela]: Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo, D.L. 1992. ISBN 84-380-0066-5

Rodríguez Bugarín, M. y Nárdiz Ortiz, C. El Ferrocarril en el noroeste de España: [seminario celebrado en La Coruña del 7 al 9 de junio de 1995], A Coruña: Universidade, Servicio de Publicacións, D.L. 1996. 403 p. ISBN 84-89694-00-1

Tortella Casares, G. Los orígenes del capitalismo en España: banca, industria y ferrocarriles en el siglo XIX. 3a ed. Madrid: Tecnos, 1995. 357 p. ISBN 84-309-2786-7

Wais San Martín, F. Historia general de los ferrocarriles españoles: 1830-1941. Madrid: Editorial Nacional, 1967. 383 p.

Data de Actualización:

2009
Xunta de Galicia Ministerio de Industria, Turismo y Comercio Plan Avanza FEDER