Nace Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial

A Asociación Galega do Patrimonio Industrial Buxa inscribiuse no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia. O principal obxectivo de Buxa é a recuperación deste importante patrimonio na Comunidade autónoma. O seu presidente, o enxeñeiro industrial e profesor da Universidade da Coruña Dr. Manuel Lara Coira sinalou que “conseguir o interese e o afecto público polo patrimonio industrial, favorecendo a apreciación dos seus valores, é sen dúbida o xeito máis seguro de conservalo”.

A asociación pretende investigar este patrimonio, arqueolóxico, antigo, moderno e contemporáneo, difundilo, recuperalo e promovelo. Para Lara, esa recuperación das pegadas da industrialización “pode e debe levar asociadas actividades de claro contido económico que axuden a tal recuperación, pero, por enriba de todo, que garantan a súa conservación e continuidade no tempo”.

O enxeñeiro concluíu que “a propia construción e conservación, o mantemento funcional, o turismo e os usos educativos son algunhas das actividades que deben terse en conta desde a formulación de calquera proxecto deste tipo”.

http://www.galicia-hoxe.com
http://www.lavozdegalicia.es
http://www.galicia-hoxe.com

Author

Related

Comments

No Comments Yet!

You can be first to comment this post!

Post Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.