A Taberna do Prado

central_park_new_york_citymapmaster-2006

Central Park, New York City (MapMaster, 2006)

Na coñecida área de lecer do Parque Central de Nova York, nunha das beiras da Pradería das Ovellas, atópase a Taberna do Prado, senlleiro restaurante que hasta certo punto pode servir de exemplo dunha das moitas posibilidades de conservación rendible de vellas estruturas.

No 1857 os arquitectos-paisaxistas Frederick Law Olmsted e Calvert Vaux gañaban o concurso proposto pola alcaldía da cidade de Nova York para construír no centro da illa de Manhattan un parque urbano de algo máis de catro quilómetros de largo e uns oitocentos trinta metros de ancho, cun total de trescentas corenta hectáreas de superficie (3,4 km2).

sheep-meadow-haftthor-20041

Sheep Meadow (Haftthor, 2004)

Entre 1860 y 1873 transportaranse dende a próxima Nova Jersey máis de catorce mil metros cúbicos de terra vexetal para cubrir o chan rochoso que había de converterse en fértil parque. Removéronse e retiráronse máis de dez millóns de carretadas de material, con toneladas de solo estéril e rochas, e plantaranse máis de catro millóns de árbores, arbustos e plantas de unhas mil cincocentas especies diferentes.

O pastoreo na Pradería das Ovellas mantívose dende a década de 1860 ata 1934, data na que os animais foran alongados do centro e trasladados a Prospect Park, no Brooklyn, polos frecuentes roubos que se facían para alimentar os miles de neoiorquinos empobrecidos e famentos trala Gran Depresión de 1929.

A corte na que se acubillaban as ovellas, tamén deseñado polo citado Calvert Vaux en 1870, transformárase contra 1934 nun restaurante (A Taberna do Prado), como parte da renovación do parque acometida por Robert Moses, responsable entón dos parques da cidade de Nova York.

Entre 1974 y 1976, A Taberna do Prado fora obxecto de grandes obras de transformación, ampliación e modernización, pero aínda son recoñecibles algúns elementos da vella corte.
the-tavern
A Taberna del Prado declarou no ano 2007 máis de cincocentos mil visitantes, cuns ingresos brutos de trinta e oito millóns de dólares.

Referencias bibliográficas:

Beveridge, C.E., and Rocheleau, P., 1998, Frederick Law Olmsted: Designing the American Landscape, Universe Publishing, New York. ISBN 0-7893-0228-4.

Caro, R.A., 1974, The Power Broker: Robert Moses and the fall of New York, Knopf, New York, ISBN 0-394-48076-7.

Rosenzweig, R., and Blackmar, E., 1992, The Park and the People: A History of Central Park, Cornell University Press, Ithaca, NY. ISBN 0-8014-9751-5.

Rybczynski, W., 1999, A Clearing in the Distance: Frederick Law Olmsted and North America in the Nineteenth Century, Scribner, New York. ISBN 0-684-82463-9.

tavern_on_the_green_cloudy_jhenderson-2008

The Tavern on the Green (J. Henderson, 2008)

Author

Related

Comments

No Comments Yet!

You can be first to comment this post!

Post Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.