Fábrica de papel continuo “La Concepción”
Torre do río, la antigua fábrica de papel continuo “La Concepción” (M. Lara, 2010)
Moitos meses de ausencia… pero aquí seguimos, ampliando o inventario e modificando algúns aspectos desta web para mellor aproveitamento dos seus usuarios, e especialmente dos nosos asociados.
E retomamos o contacto visitando a que fora fábrica de papel continuo “La Concepción”, outro magnífico exemplo de actuacións e propostas que serven para conservar con brillantez a memoria do noso patrimonio industrial.
Estas instalacións foron as primeiras deste tipo en Galicia, e puxéranse en funcionamento contra 1862, aproveitando as augas do río Umia para mover dúas turbinas que arrastraban seis cilindros trituradores e elaboraban papel continuo nunha máquina tipo Fourdrinier.
A elaboración de pasta de madeira, iniciada en España cara a 1880 supuxo o principio da fin das papeleiras que empregaban trapos como materia prima, que non puideron resistir a nova competencia.
“La Concepción”, situada na Baxe, parroquia de San Andrés de Cesar do Concello de Caldas de Reis (Pontevedra) chámase agora “Torre do río” e ofrece unhas espléndidas e acolledoras instalacións nas que aloxarse. Quero agradecerlles a Begoña Quivén e a Rodrigo Rey a atención que me dispensaron permitíndome acceder ó seu interior e tomar numerosas fotografías do magnífico resultado do traballo emprendido na recuperación.

No Comments Yet!
You can be first to comment this post!