Forno de cal en Sasdónigas
O meu bo amigo don Juan Pita da Veiga Vázquez, ferrolán de nación, tivo a xentileza de facerme chegar unhas fotografías do espléndido forno de cal de carga continua de Sasdónigas (Mondoñedo, Lugo).
Situado a carón do río da Brea (a brea ou verea é acó o vieiro por excelencia: o camiño do norte a Santiago de Compostela), no lugar de Meruxeiras, aparece un belo forno que estivo destinado a subministrar cal ós campos de Abadín e Arneu.
A non moito tardar incorporaremos esta mostra do patrimonio industrial de Galicia ó noso inventario.
No Comments Yet!
You can be first to comment this post!