Medra o inventario
Vimos de dar remate a outras cincuenta fichas verbo outros tantos elementos do patrimonio industrial de Galicia, que xunto coas cen elaboradas na primeira fase do proxecto de inventario suman cento cincuenta documentadas referencias do noso patrimonio industrial.
Grazas ás axudas de custo solicitadas perante a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, o resultado do noso traballo está xa na nosa web ó libre dispor de calquera persoa interesada no noso pasado industrial.
Premendo na pestana rotulada “Inventario” entraredes no arquivo que contén as devanditas cento cincuenta fichas, indexadas por concellos e por provincias, e ás que se pode ademais acceder escribindo no buscador palabras clave da súa actividade: muíño, mina, lapis, cobre, salga, conservas, etc. Asemade, a identificación do emprazamento en Google Maps fai ben doado chegármonos o sitio.
Foron moitos meses de traballar arreo e, aínda que o resultado precisa algún puimento, non temos dúbida que vai ser de utilidade e confiamos en que estimule a investigación verbo do noso patrimonio industrial e a difusión do seu coñecemento.
No Comments Yet!
You can be first to comment this post!