Quinto Encontro Europeo de Voluntarios e Asociacións de Patrimonio Industrial
A investigación, o estudo, a catalogación, a conservación, o desenvolvemento, a xestión e a interpretación do Patrimonio Industrial e Técnico, depende fundamentalmente das iniciativas e os traballos dos voluntarios. Sen os seus esforzos, moitos sitios importantes, obxectos e documentos que son testemuños do nacemento e o crecemento da nosa sociedade industrial e técnica, perdéronse para sempre. Este traballo é moi a miúdo pouco valorado polas autoridades e os institutos oficiais. A Federación Europea de Asociacións do Patrimonio Industrial e Técnico (E-FAITH), a plataforma europea que promove entre as asociacións contactos e cooperación, encontros, intercambio de experiencias, e soporte en actividades e campañas, tralo éxito dos encontros celebrados en Beringen e Kortrijk (Bélxica), Barcelona (España) e Calais (Francia), organiza en Tilburg (Países Baixos) entre os días 14 e 16 de outubro dos correntes o Quinto Encontro Europeo de Patrimonio Industrial e Técnico. Nel, as organizacións e as persoas poderán presentar e comparar as súas ideas, proxectos e resultados, atopar formas de cooperación e de realización de proxectos en común, axudando ao cumprimento dos obxectivos doutros colegas. Os temas principais deste quinto encontro serán: – Campaña para o Ano Europeo do Patrimonio Industrial e Técnico. – Cooperación europea transfronteiriza entre as asociacións. – Irmandade entre as asociacións. – Intercambio de experiencias de campo. – Desenvolvemento de proxectos transfronteirizos comúns.
No Comments Yet!
You can be first to comment this post!