Turismo Industrial

Sao-Joao-da-Madeira_Casa-do-Morgado

A 1ª Conferencia Europea de Turismo Industrial celebrouse en Angers (Francia) en marzo do 2006, organizada pola Asemblea de Cámaras de Comercio e Industria de Francia (ACFCI), a Cámara de Comercio e Industria de Angers, a Organización Turística de Angers e a Universidade de Angers.

Toledo (España) acolleu en novembro do 2008 a 2ª Conferencia Europea, organizada pola Cámara de Comercio e Industria de Toledo, a Asemblea de Cámaras de Comercio e Industria de Francia (ACFCI) e o Consello Superior de Cámaras de Comercio e Industria de España.

Turín (Italia) foi o lugar elixido para a 3ª Conferencia europea, en outubro do 2010, organizada pola Cámara de Comercio de Turín e a Organización Turística da Provincia de Turín.

Todas as edicións da Conferencia están dirixidas a profesionais turísticos, autoridades públicas, organizacións empresariais, asesores turísticos, compañías do sector, asociacións de patrimonio industrial, profesores universitarios e estudantes.

A 4ª Conferencia Europea de Turismo Industrial terá lugar en São João da Madeira (Distrito de Aveiro, Área Metropolitana de Oporto, Portugal) o 22 e 23 de novembro do 2012, no Centro de Artes e Creatividade. São João da Madeira é unha importante referencia na fabricación de chapeus e zapatos.

O concello de São João da Madeira é o pioneiro oficial de Turismo Industrial en Portugal. Desenvolveu o programa titulado “Rutas de Patrimonio Industrial en São João da Madeira”, que será unha realidade ao final deste ano.

Espérase que esta Conferencia aumente o Turismo Industrial en Portugal, elevando a concienciación e o saber facer dos organismos públicos nacionais e das empresas interesadas, e promovendo a creación de redes entre eles. A 4ª Conferencia proporcionará tamén un marco apropiado para activar unha novísima Rede Europea de Turismo Industrial. Máis información en http://www.portugalturismoindustrial.com

Sao-Joao-da-Madeira_Museu-da-Chapelaria

Author

Related

Comments

No Comments Yet!

You can be first to comment this post!

Post Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.