Neda
Ven de presentarse da man de Edicións Embora o libro “Muíños, fornos e pan de Neda”, da profesora Manuela Santalla. O seu documentado traballo gravita arredor das instalacións pre industriais movidas polas augas do Belelle: muíños fariñeiros, por suposto, mais tamén muíños papeleiros, a fábrica de tecidos dos Veiga e a fábrica de luz da Fervenza tiveron no río seu acougo.
A artesanía e a súa filla, a industria, suporían a creación, cunha serie de prácticas e de técnicas, dos obxectos necesarios para dar resposta ás necesidades de cada momento, técnicas que serían por riba de todo produto do xenio e da peculiaridade persoal do artesán e do industrial primixenio, reflexo auténtico do ser máis profundo dun pobo, dun tempo e dun lugar.
Por iso, o mesmo que non podemos perder a lingua, se queremos seguir sendo nós, non podemos esquecer as pegadas da artesanía e da nosa primeira industria, malia ao derrube do mundo rural e daquelas vilas pequenas, artesás e industriais, que un día configuraran a nosa realidade e a nosa diferenza.
No Comments Yet!
You can be first to comment this post!