Fábrica de Rodís
A fábrica de papel de Rodís (Lalín) sería construída contra 1850, participando na súa construción Juan Cendón Carballal, quen xa traballara nas obras das de Lavandeira (1838) e Bouteiro (1843).
Entre 1883 e 1888 aparece como propietario Manuel Fernández Cota e a fábrica xa non figura citada no anuario de 1900, quedando sen rematar tan ambicioso proxecto.
Agradezo ao seu actual propietario, don David Fernández González, a atención coa que me agasallou nunha recente visita tralas pegadas do noso patrimonio industrial. Miraremos de engadir de camiño a ficha no noso Inventario.
No Comments Yet!
You can be first to comment this post!