Emenda

Restos supervivintes da Salgadeira da Bestarruza (Manuel Lara, 2012)

Unha desafortunada actuación das administracións públicas na realización do paseo marítimo de Mugardos tivo como consecuencia a destrución parcial da Salgadeira da Bestarruza, un dos poucos restos que quedan na ría de Ferrol dos almacéns de salgadura que se estableceran polas súas ribeiras a comezos do século XIX.

É de esperar que os esforzos combinados de particulares e organismos públicos sexan agora capaces de reparar nalgunha medida tamaña desfeita contra tan destacado exemplo do noso patrimonio cultural, consolidando as instalacións aínda recuperables como memoria do traballo e do esforzo emprendedor das xeracións precedentes.

Grazas ás achegas documentais e gráficas dos seus propietarios, esperamos a non tardar incorporar esta nova ficha ao noso inventario do patrimonio industrial galego.

Polo de agora, a xentileza  do restaurante mugardés “A Jarabeta” permítenos inserir esta fotografía da Bestarruza, na que tiveran a súa base as compañías de barcos de vapor de Cancela e Martínez nos comezos do século XX, e na que poden aínda verse os muros da salgadeira, daquela empregada como almacén de carbón e pertrechos.

Embarcadoiro da Bestarruza ca. 1900

O embarcadoiro da Bestarruza contra 1900 (Cortesía do restaurante mugardés A Jarabeta)

Author

Related

Comments

No Comments Yet!

You can be first to comment this post!

Post Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.