Ano Europeo do Patrimonio Industrial no 2015
Na resolución adoptada pola Comisión Permanente o pasado 8 de marzo en París, a Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa presentou un conxunto de recomendacións prácticas aos Estados Membros orientadas á preservación do patrimonio industrial europeo.
Co gallo de asegurar a efectividade de tal protección, a Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa propuxo a creación dunha etiqueta europea para o patrimonio industrial. Consonte coas conclusións do poñente, Ismeta Dervoz (Bosnia e Herzegovina), a Asemblea invitou tamén á Unión Europea e a UNESCO a considerar a posibilidade de impulsar no ano 2015, xunto co Consello de Europa, un Ano Europeo do Patrimonio Industrial, tal e como fora proposto por E-FAITH.
Pódese atopar máis información da campaña no enlace http://www.e-faith.org/home/?q=content/european-industrial-and-technical-heritage-year-2015
Agradécese a aquelas asociación que non tiveran subscrito o memorando que o fagan axiña e o remitan ao secretariado consonte as instrucións da E-FAITH na súa web http://www.e-faith.org
No Comments Yet!
You can be first to comment this post!