Primeiro Premio de Investigación Ferro Caaveiro
Neste o noso quinto ano de vida vimos de recibir un moi especial agasallo: a autorización do seu autor, don Mario Valdivieso Mateo, e dos editores, a Asociación Padroado do Museo Etnográfico da Capela, para por ao dispor dos nosos asociados o primeiro premio de investigación Ferro Caaveiro, “A Capela, na procura da luz eléctrica”, publicado no ano 2008 na revista O Retorno, do Museo Etnográfico da Capela. Vaia para eles o noso fondo agradecemento; e para os nosos asociados, os parabéns polo acceso a tan precioso traballo.
No Comments Yet!
You can be first to comment this post!