Muiñoloxía

Muíño de Vidal (Juan Lara, 1987)1

Muíño de Vidal (Debuxo de Juan Lara, 1987)

Dende as primeiras xornadas celebradas en Santiago de Compostela en 1995, os Congresos Internacionais de Muiñoloxía están a ser un referente no estudo dos muíños e outros enxeños tradicionais, e acumulan un importante acervo de investigación sobre este patrimonio etnográfico nas case dúas décadas que levan celebrándose en diferentes lugares da xeografía española.

O Noveno Congreso Internacional de Muiñoloxía, promovido pola Asociación para a Conservación e Estudo dos Muíños (ACEM) desta volta en colaboración coa Asociación para a Conservación da Horta de Murcia (HUERMUR), terá lugar en Murcia os días 9, 10 e 11 de maio do 2014. Na súa páxina www.molinologia.es ofrécese ampla información del.

Author

Related

Comments

No Comments Yet!

You can be first to comment this post!

Post Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.