Sétimo Encontro Europeo de Voluntarios e Asociacións de Patrimonio Industrial
A investigación, o estudo, a catalogación, a conservación, o desenvolvemento, a xestión e a interpretación do Patrimonio Industrial e Técnico, depende fundamentalmente das iniciativas e os traballos dos voluntarios. Sen os seus esforzos, moitos sitios importantes, obxectos e documentos que son testemuños do nacemento e o crecemento da nosa sociedade industrial e técnica, perdéronse para sempre. Este traballo é moi a miúdo pouco valorado polas autoridades e os institutos oficiais.
A Federación Europea de Asociacións do Patrimonio Industrial e Técnico (E-FAITH), a plataforma europea que promove entre as asociacións contactos e cooperación, encontros, intercambio de experiencias, e soporte en actividades e campañas, tralo éxito dos encontros celebrados en Beringen (Bélxica), Kortrijk (Bélxica), Barcelona (España), Calais (Francia), Tilburg (Países Baixos) e Londres (Reino Unido), organiza en Neuchâtel (Suiza) entre os días 25 e 27 de outubro dos correntes o Sétimo Encontro Europeo de Patrimonio Industrial e Técnico.
En xuntanzas cortas de fin de semana, as organizacións e as persoas poderán presentar e comparar as súas ideas, proxectos e resultados, atopar formas de cooperación e de realización de proxectos en común, axudando ao cumprimento dos obxectivos doutros colegas. Ademais, na fin de semana deste ano imos coñecer:
– A Escola de Conservación e Restauración de Neuchâtel.
– O Museu Internacional de Reloxeria de La Chaux-de-Fonds.
– O patrimonio industrial de Suchard en Serrières.
– As minas de asfalto de La Presta.
No Comments Yet!
You can be first to comment this post!