Fontao

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Complexo mineiro de Fontao (Manuel Lara, 2009)

Parece que algúns daqueles a quen permitimos a xestión dos nosos impostos, descoñecen que “a protección, urbanística ou cultural, dun ben garante a súa conservación, mentres que a conservación non é garantía de protección”.

A aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vila de Cruces (Pontevedra), o pasado día 17 de febreiro dos correntes, non considera ningún grao de protección para o conxunto das instalacións mineiras de Fontao (Ficha 106 do Inventario de Buxa), o que –mutatis mutandi– supón iniciar o camiño da súa destrución.

O patrimonio industrial é un ben común que fala de nós, e que debemos apreciar e valorizar como parte inseparable do noso patrimonio cultural. Coñecelo é o primeiro paso para respectalo; respectalo é o mellor camiño para conservalo; protexelo é o único medio de conservalo.

Calquera acción ou omisión que propicie a falta de protección para o conxunto das minas de Fontao é un pau máis nas rodas da imprescindible recuperación do respecto a nós mesmos. É por iso que dende aquí solicitamos que, no período de alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vila de Cruces, se considere unha protección axeitada e acorde coa importancia patrimonial duns aproveitamentos mineiros documentados polo menos dende 1871, dos poucos que en Galicia están aínda nas mellores condicións para unha recuperación, conservación e valorización que non debería ser difícil conseguir.

Author

Related

Comments

No Comments Yet!

You can be first to comment this post!

Post Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.