Podemos salvalo?

CD_Bernardo Alfageme, foto Javier Alonso 2013

Pesquero de Altura “Bernardo Alfageme” (Foto Javier Alonso, 2013)

Setenta anos despois da súa construción, e tras corenta e catro anos de eficaz servizo, o buque “Bernardo Alfageme”, cedido no ano 2000 ao Concello de Vigo e coidadosamente restaurado, podería ser abandonado en terra pola desidia e inepcia municipal.

Construído en 1944, nos estaleiros vigueses “Hijos de J. Barreras”, este buque é hoxe o único pesqueiro de altura da primeira metade do século XX que se conserva e que pode aínda mostrar como vivían os seus catorce tripulantes afrontando as duras mareas do Gran Sol.

O señor James G. Skinner, quen fora Cónsul Británico Honorario en Galicia, fíxonos chegar copia da carta dirixida ao Valedor do Cidadán, na que pide xustificadamente a situación no Museo do Mar de tan destacado elemento do patrimonio industrial de Galicia, mostra viva de toda unha brillante época da pesca, a conserva e a construción naval na nosa terra./lang_gl]

Author

Related

Comments

No Comments Yet!

You can be first to comment this post!

Post Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.