In memoriam

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Telleira Arzúa, en Ares (Manuel Lara, 2009)

É con dor que poñemos no xeral coñecemento a práctica desaparición da fermosa telleira de Ares. As instalacións da “Telleira Arzúa” (vid. ficha 109), únicas no seu estilo, atopábanse nun lamentable abandono na nosa derradeira visita, no mes de marzo do ano 2009, ameazando unha inminente ruína e cunha das súas dúas chemineas seriamente estragada. Xa afundida anos atrás aquela cheminea, agora recibimos de Emilio Mesías Farías noticia da caída da segunda cheminea.

Esparexe e medra a desolación perante tanta incuria e tanto desleigado: “Perdemos primeiro os camiños nos que habitaba a memoria do noso pasado; deixamos de ver os recunchos fatigosos do traballo, os espazos apaixonados da vida comunal. Chegou entón a confusión a nosa identidade. Veu despois o esquecemento da nosa propia lembranza”

Author

Related

Comments

No Comments Yet!

You can be first to comment this post!

Post Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.