Tinglado de Maestranza
Neste ano 2015 cúmprense douscentos cincuenta anos da construción do Tinglado de Maestranza do Arsenal de Ferrol, con 374 metros de lonxitude, o edificio fabril de maior tamaño construído en Europa na súa época.
Por xentileza do seu autor, o investigador Juan José Burgoa Fernández, e coa autorización de José Luís López Sangil, presidente da Asociación Cultural de Estudos Históricos de Galicia, poñemos a disposición dos nosos asociados o traballo realizado sobre esta emblemática obra do patrimonio industrial ferrolán, “El Tinglado de Maestranza del Arsenal de Ferrol” (pestana Só socios), publicado no tomo X (ano 2014) da revista Nalgures, editada pola devandita asociación.
No Comments Yet!
You can be first to comment this post!