Premio de Investigación Buxa 2015-2016
Consonte ás bases publicadas o 11 de febreiro do ano 2015, na reunión celebrada o día 29 de abril do ano 2016 decidiuse a concesión do premio ao traballo que foi presentado baixo o lema “Traballo e vida” do que, unha vez aberta a correspondente plica, resultou ser autora dona Tamara Campo Táboas. O xurado foi presidido por don Xoán Carmona Badía, Catedrático de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, sendo vogais don Luis Alonso Álvarez, Catedrático de Historia e Institucións Económicas na Universidade da Coruña, don Gerardo Cueto Alonso, profesor do Departamento de Xeografía, Urbanismo e Ordenación do Territorio na Universidade de Cantabria, don Miguel Ángel Álvarez Areces, presidente do Comité Internacional para a Conservación e Defensa del Patrimonio Industrial en España (TICCIH-España), e dona Iria Sobrino Fagilde, arquitecta colaboradora no inventario de arquitectura industrial de Vigo e a súa zona de influencia e coordinadora en proxectos de patrimonio industrial. Como secretario actuou don Manuel Lara Coira, presidente de “Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial”. O xurado desexa deixar constancia expresa da alta valoración da que foi merecedor o traballo presentado baixo o lema “Catedral”, do que, unha vez aberta a correspondente plica, resultou ser autora dona Alberta Lorenzo Aspres, responsable do “Proxecto Arga, Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia“.
No Comments Yet!
You can be first to comment this post!