Genius loci: o xenio local

2016-07-02_Genius loci

Fotografías de Tomasz Sienicki (2004), Destilerías Compostela (1999) e Xurxo Lobato (1988)

Un proxecto subvencionado pola Unión Europea, con socios en Italia, España, Hungría, Malta e Bélxica, pretende dirixir a atención á herdanza de pequenas empresas industriais, para (re)valorizar o significado do seu patrimonio e incrementar o seu coñecemento e aprecio polos turistas e polo público en xeral.
Nunha primeira fase do proxecto identificáronse como prioridades:
• a industria tradicional de bebidas fermentadas (cervexa, viño, sidra) e de obtención dos seus destilados;
• a industria cerámica (ladrillos, baldosas, tellas, refractarios, olería, drenaxes);
• a artesanía téxtil (teares) e a produción de fibras téxtiles europeas tradicionais (liño, cáñamo).
Os lugares e museos que se inclúan no proxecto recibirán gratuitamente a etiqueta INDUSTRIANA. Póñase en contacto connosco para maior información (asociacionbuxa@asociacionbuxa.com)

Author

Related

Comments

No Comments Yet!

You can be first to comment this post!

Post Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.