Rede de Patrimonio Cultural
Máis de sesenta entidades culturais e patrimoniais de toda Galicia abriron o proceso para a creación da Rede polo Patrimonio Cultural Galego, unha entidade cuxo principal obxectivo será vertebrar a defensa e promoción do patrimonio cultural do país baixo a premisa que nel funda a nosa identidade. Trinta e tres delas estiveron representadas na xuntanza fundacional habida no Museo do Pobo Galego o pasado día 3 dos correntes. Nas vindeiras semanas, as asociacións que refrenden os acordos tomados constituirán xa formalmente esta Rede de Patrimonio Cultural.
No Comments Yet!
You can be first to comment this post!