Fábrica da luz

Muíño Novo de Prieto, tamén coñecido como “Fábrica da luz” (Manuel Lara, 2017)

Entre 1906 e 1908 construíase sobre un muíño existente no río Eume augas arriba da vila de As Pontes de García Rodríguez, un novo muíño, “O Muíño Novo de Prieto”, dotado dunha turbina hidráulica de trinta quilovatios para a produción de electricidade. A electricidade xerada consumíase durante o día nun muíño eléctrico de cereal que “Prieto y Compañía” tiña na vila, a un quilómetro de distancia. Pola noite, a produción da “fábrica de luz” destinábase ao alumeado público das rúas da vila pontesa.

Author

Related

Comments

No Comments Yet!

You can be first to comment this post!

Post Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.