Camiño por mar
Presentamos no Museo de Mar de Galicia, en Vigo, o proxecto cultural ‘Camiño por mar’. Comeza pola reparación do naomhóg ‘Naomh Gobnait’, un bote tradicional no que catro irlandeses viñeron remando dende Dublín ata Santiago. O seu camiño fíxose en tres etapas: de Irlanda a Bretaña (2014); de Bretaña ao País Vasco (2015); e do País Vasco a Galicia (2016). No ano 2017 o bote peregrino mirou de achegarse a Portugal; na desembocadura do río Miño o bote afundiu e un dos remeiros morreu. O proxecto honra á súa memoria, e a inmemorial relación entre Galicia e Irlanda.
No Comments Yet!
You can be first to comment this post!