A aventura vivida a bordo do Naomh Gobnait convértese en novela en Homes de Ferro

A aventura vivida a bordo do Naomh Gobnait convértese en novela en Homes de Ferro

Ézaro Edicións publica Homes de Ferro, a nova novela de Alfredo Conde que ten como referencia a aventura vivida por catro amigos irlandeses a bordo do Naomh Gobnait, o bote reconstruído a iniciativa de Buxa, xa convertido en emblema do Camiño por mar. Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.
Homes de Ferro relata a viaxe emprendida no ano 2014 por un grupo de amigos irlandeses que decidían construír un bote no que emprender o Camiño Xacobeo a remo desde Dublín ata Santiago de Compostela. Unha travesía que suporía un percorrido de 2.500 quilómetros por mar e que fixeron de forma espazada ao longo de tres anos.
A pesar de que os nomes que aparecen na novela son reais e corresponden a seres reais, Homes de Ferro non é unha crónica xornalística e non pretende suplir literariamente a un documental. Segundo o propio autor, Alfredo Conde, “trátase dunha novela construída a partir dunha realidade na que a maioría dos feitos son certos pero non o que pensa cada un dos personaxes que xa é a expresión da miña liberdade como novelista á hora de imaxinar os seus pensamentos e reacción”.
Ademais da edición en galego, Homes de Ferro editarase tamén traducida ao español e ao inglés. Prevese que a edición en castelán estea xa dispoñible nas librerías no principio do ano.

Author

Related

Comments

No Comments Yet!

You can be first to comment this post!

Post Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.