Charla e andaina en Outes

Unha xornada gozosa co alumnado do Instituto de Ensino Secundario de Outes. Primeiro, unha charla no instituto sobre o paso da agricultura á industria no termo municipal de Outes. De seguido, as explicacións sabias de don José Abeijón no seu estaleiro d’O Freixo. Despois, unha andaina dende ese o porto d’O Freixo ata a praia de Broña, bordeando a enseada dos “carpinteiros cos pés mollados”, unha espléndida iniciativa da corporación municipal (https://turismo.outes.gal/RutaDosCarpinteiros/content/map/index_es.html). Grazas a profesora Susana Álvarez pola oportunidade de achegar as novas xeracións á nosa historia industrial.

O alumnado atende ás explicacións de don José Abeijón no seu estaleiro

Author

Related

Comments

No Comments Yet!

You can be first to comment this post!

Post Reply

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.