Activities

We started off our journey as Corporate Members of “The International Committee for the Conservation of the Industrial Heritage” (TICCIH) cooperating with the organization of The Fifth Congress for the Preservation of the Industrial Heritage and the Public Works in Spain, held in Ferrol (Galicia, Spain) between February 25th and 28th, 2009. At such meeting we present our first projects: the refurbishing of the eighteenth century industrial corn grinding joint (waterwheels, windmills, tidal wheels) in Naron´s Council, which supplied nourishment to the people who made grow the village of Ferrol in that times.

Furthermore, performing the Inventory of the Galician Industrial Heritage, with accessibility from the Internet, is one of our targets, together with linking by the same media the different initiatives in this field which are performing in our country.

And in this environment we ask for your cooperation. You are the ones who can help us reaching where we cannot, telling about the threats to our heritage we ignore of, bringing your reports on installations either about to be forgotten or even to disappear, introducing people that can bring valuable knowledge to this issues…

Should you wish to participate in such jobs, please register at our website: you would gain private access to the exclusive section for members we are developing; you could review the existing files and even to use them as a reference to prepare your own contributions to the inventory. You will also receive notice of the association’s activities and will benefit of reduced fees to join to the activities to be performed both by Buxa as by TICCIH Spain.

Contributor fees are 52 €/year as individual member, 365 €/year for small enterprises, and 1,200 €/year in the rest of cases for collaborators.

Protecting members and full members shall attend to Statutory regulations and standing rules of the Board.

BUXA, THE GALICIAN ASSOCIATION FOR THE INDUSTRIAL HERITAGE is a non-profitmaking institution established under the protection of Spanish Law 1/2002, March 22nd, ruling Association Law. It is registered with code 2008/012230-1 (SC) at the Central Register for the Associations of Galicia. It has been declared of public usefulness (public-interest organization) by Order of December 20th, 2013 (D.O.G. no. 1, of 02/01/2014), so their partners and benefactors will be able to deduce fiscally their contributions, according to arranged in Spanish Law 49/2002.

Should you wish to contribute supporting the Buxa Project, please deposit your donation at ABANCA, code BIC CAGLESMMXXX,  account code IBAN ES70 2080 5155 9030 4007 1186

Activities’ summary (only available in Galician language)


Ano 2008

Elaboración dos Estatutos Sociais.

Creación da asociación. Acto fundacional o 21 de xullo.

Inscrición do acordo de constitución no Rexistro de Asociacións o 15 de setembro.

Incorporación ó Comité Internacional para a Conservación do Patrimonio Industrial (TICCIH).

Preparación e publicación na web do portal preliminar de Buxa.


Ano 2009

Participación na preparación e desenvolvemento do Quinto Congreso sobre a Conservación do Patrimonio Industrial e da Obra Pública en España, celebrado en Ferrol (A Coruña) do 25 ó 28 de febreiro.

Deseño, realización e implantación na web do portal de Buxa.

Presentación de Buxa na Dirección Xeral do Patrimonio do Ministerio de Cultura do Goberno de España.

Presentación de Buxa na Subdirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Subscrición con Concello de Narón (A Coruña) dun convenio para a colaboración na recuperación da muiñaría industrial do século dezaoito representada polos muíños fluviais de Lestache e os muíños de mar de Lembeye. Preparación do anteproxecto para o comezo das tarefas de recuperación dos muíños de Lestache.

Preparación para o Concello de Neda (A Coruña) do anteproxecto de recuperación das instalacións industriais do Pazo de Isabel II (fábrica de lenzos do Roxal) integradas nunha proposta de aloxamento recreativo.

Deseño do modelo de ficha para a realización do Inventario do Patrimonio Industrial de Galicia.

Contratación, realización, dixitalización e publicación no portal de Buxa na web de cen fichas de cadanseu elemento do Patrimonio Industrial de Galicia.

Malia que o número de beneficiarios dos servizos da asociación non é de doada cuantificación pola gratuidade dalgúns servizos e o seu libre acceso vía web (biblioteca, documentos e inventario), contabilizáronse unhas 450 visitas mensuais cunhas 1.600 páxinas vistas ó mes, o que ven supor máis de mil cincocentos usuarios habituais ó ano, máis de cinco mil visitas no cómputo anual e algo máis de vinte mil páxinas vistas ó ano.

Os socios teñen dereito ó acceso exclusivo á documentación relacionada con patrimonio industrial recollida nun apartado específico (“Só socios”) do devandito portal web.


Ano 2010

Colaboración coa Oficina de Proxectos en Galicia do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España no proxecto ATLANTERRA (INTERREG 4B) para o mellor coñecemento, conservación e difusión do patrimonio mineiro europeo, continuación do proxecto Green Mines 2006-2008.

Apoio ó proxecto documental “Archtekton” (Sevilla), de interese xeral cara un mellor coñecemento do patrimonio industrial e que permitirá que moitas persoas poidan coñecer, aprender e gozar con tan importante vertinte do noso patrimonio cultural.

Clasificación e dixitalización da colección de máis de cincocentas fotografías da montaxe da grúa pórtico de ASTANO, postas ó noso dispor por quen fora o director da operación por conta da Maquinista Terrestre y Marítima, o técnico barcelonés don Miguel Arán González.

Participación nos Encontros de Viveiro, cun relatorio sobre o patrimonio industrial galego en unha particularización sobre a minería de ferro e as minas da Silvarosa.

Mantemento e ampliación da base de datos de identificación de publicacións relacionadas co patrimonio industrial, de libre acceso no portal de Buxa na web e que supera as setecentas referencias bibliográficas.

Contratación, realización, dixitalización e publicación no portal de Buxa na web de cincuenta fichas de cadanseu elemento do Patrimonio Industrial de Galicia, que suma xa as cento cincuenta fichas no seu Inventario.

Malia que o número de beneficiarios dos servizos da asociación non é de doada cuantificación pola gratuidade dalgúns servizos e o seu libre acceso vía web (biblioteca, documentos e inventario), contabilizáronse unhas 490 visitas mensuais cunhas 1.700 páxinas vistas ó mes, o que ven supor máis de dous mil usuarios habituais ó ano, preto de seis mil visitas no cómputo anual e máis de vinte e tres mil páxinas vistas ó ano.

Os vinte e nove socios teñen dereito ó acceso exclusivo á documentación relacionada con patrimonio industrial recollida nun apartado específico (“Só socios”) do devandito portal web.


Ano 2011

No ámbito xeral do traballo da asociación, sinalar o mantemento e ampliación da base de datos de identificación de publicacións relacionadas co patrimonio industrial, de libre acceso no portal de Buxa na web e que supera as oitocentas referencias bibliográficas.

Asemade, continuouse coa realización, dixitalización e publicación no portal de Buxa na web de outras cincuenta fichas máis de cadanseu elemento do Patrimonio Industrial de Galicia, que suma neste ano as duascentas fichas no seu Inventario.

No canto do número de beneficiarios dos servizos da asociación, malia que non é de doada cuantificación pola gratuidade dalgúns servizos e o seu libre acceso vía web (biblioteca, documentos e inventario), contabilizáronse unhas 540 visitas mensuais cunhas 1.900 páxinas vistas ó mes, o que ven supor máis de dous mil usuarios habituais ó ano, máis de seis mil visitas no cómputo anual e preto de vinte e cinco mil páxinas vistas ó ano.

Tódolos socios de Buxa teñen dereito ó acceso exclusivo á documentación relacionada con patrimonio industrial que se recolle nun apartado específico (“Só socios”) do devandito portal web.

Leváronse a cabo accións de apoio ó proxecto de conservación da antiga panadería “La Chiquita”, en Ribadesella (Asturias), proxecto sen dúbida de xeral interese que debería executarse para un mellor coñecemento do patrimonio industrial, amais de mostra relevante da arquitectura local, que debe ser conservada respectando súa fasquía orixinal, favorecendo a restauración para facela compatible cos usos cidadás que merece, sen discusión, un edificio das súas características e localización.

Participación na presentación en Ferrol do libro que, con limiar do presidente de Buxa, resume o traballo de Manuela Santalla na súa pescuda arredor dos muíños da vila de Neda, “Muíños, fornos e pan de Neda” ISBN 978-84-92644-36-0 .

Redacción dun artigo sobre o tema para o libro que recollerá a historia da Asociación Galega da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC).

Participación de Buxa nas xornadas cara á creación dunha rede estatal de turismo industrial, promovidas polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España, celebradas en Talavera de la Reina (Toledo) no mes de febreiro.

Participación de Buxa nas Xornadas de Formación do Profesorado de Bacharelato, cun relatorio sobre o patrimonio industrial galego en unha particularización sobre as pegadas da industrialización na ría de Ferrol, rematando cun paseo e visita a unhas pegadas senlleiras: os muíños de marea de Lembeye (1765), os muíños de Lestache no río Xuvia (1785), a Presa do Rei e a fábrica de cobrería de Xuvia (1791), e a fábrica de curtidos da Florida (1800).

Participación na convocatoria do Quinto Encontro Europeo de Patrimonio Industrial e Técnico, celebrado en Tilburg (Países Baixos) do 14 ao 16 de outubro do 2011, promovido pola Federación Europea de Asociacións do Patrimonio Industrial e Técnico (E-FAITH).

Participación na Campaña para o Ano Europeo do Patrimonio Industrial e Técnico, promovida pola Federación Europea de Asociacións do Patrimonio Industrial e Técnico (E-FAITH).

Participación na convocatoria da 4ª Conferencia Europea de Turismo Industrial, a celebrar en São João da Madeira (Aveiro, Porto, Portugal) o 22 e 23 de novembro do 2012.

Presentación no mes de decembro perante a Vice Secretaría Xeral da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia da petición formal da Declaración de Utilidade Pública da entidade, o que vai permitir ós asociados a dedución nos seus impostos da parte correspondente ao pago das cotas de Buxa.


Ano 2012

Nesta outra volta, e no ámbito xeral do traballo da asociación, sinalar o mantemento e ampliación da base de datos de identificación de publicacións relacionadas co patrimonio industrial, de libre acceso no portal de Buxa na web e que supera as novecentas referencias bibliográficas.

Continuouse tamén coa realización, dixitalización e publicación no portal de Buxa na web de outras trinta e seis fichas máis de cadanseu elemento do Patrimonio Industrial de Galicia, que suma xa as duascentas trinta e seis fichas no seu Inventario.

Mantemento e ampliación da sección exclusiva para socios no portal de Buxa na web (https://www.asociacionbuxa.com), que suma xa trece documentos.

No canto do número de beneficiarios dos servizos da asociación, malia que non é de doada cuantificación pola gratuidade dalgúns servizos e o seu libre acceso vía web (biblioteca, documentos e inventario), contabilizáronse unhas 660 visitas mensuais cunhas 2.500 páxinas vistas ó mes. Consonte aos rexistros de Google Analytics, no ano houbo 2.030 usuarios habituais, cun total de 7.993 visitas e 30.059 páxinas vistas. Rexistrouse un máximo de 54 visitas o 9 de xullo (martes) e un mínimo de 0 visitas o 19 de xuño (mércores).

Tódolos socios de Buxa teñen dereito ao acceso exclusivo á documentación relacionada co patrimonio industrial que se recolle nun apartado específico (“Só socios”) do devandito portal web.

Leváronse a cabo accións de apoio á conservación da cheminea e da fachada da Fábrica de Lapis de Ferrol (sen éxito, xa que foron finalmente demolidas entre o 17 e o 23 de xaneiro).

Participamos na xornada celebrada en Conturiz (Lugo) o 28 de xaneiro para a presentación do libro que recolle a historia da Asociación Galega de Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC), no que se inclúe un artigo de Buxa.

No mes de marzo participamos nas acción de apoio ao proxecto de conservación da Panificadora de Vigo.

O 17 de abril colaboramos coa Asociación Cultural San Xoán Bautista de Covas (Viveiro) na preparación dun artigo verbo das minas de ferro da Silvarosa para a súa publicación e difusión no libro pregón das súas festas anuais.

Participación na xornada celebrada en Vigo o 22 de maio, promovida pola Asociación de Amigos dos Pazos, verbo do futuro do patrimonio industrial de Galicia.

Participación no Noveno Foro Internacional sobre Avaliación da Calidade da Investigación e a Educación Superior (FECIES), celebrado entre o 12 e o 15 de xuño en Santiago de Compostela, cun relatorio sobre a indexación de revistas científicas e técnicas.

Participación na convocatoria do Sexto Encontro Europeo do Patrimonio Industrial e Técnico, celebrado en Londres (Reino Unido) do 26 ao 28 de outubro, promovido pola Federación Europea de Asociacións do Patrimonio Industrial e Técnico (E-FAITH).

Comunicación do 6 de novembro de apoio ás alegacións presentadas polo Grupo de Investigación da Rede Nacional de Silos e Celeiros de España (www.silosygraneros.es) á aprobación provisoria do plan xeral de ordenación urbana de Carmona (Sevilla) por non ofrecer protección patrimonial bastante do silo de cereais existente en dita vila, pedindo a súa inclusión no catálogo municipal.

Acordo do 14 de novembro coa propiedada da Real Fábrica de Papel do Faramello (1714) para colaborar na conservación da documentación e instalaciones e na difusión do seu coñecemento.

Participación na difusión da convocatoria da 4ª Conferencia Europea de Turismo Industrial, celebrada en São João da Madeira (Aveiro, Porto, Portugal) o 22 e 23 de novembro do 2012.

Conferencia na Universidade Sénior da Universidade da Coruña verbo “O Patrimonio Industrial de Galicia” impartida o 30 de novembro no Campus da Coruña.


Ano 2013

No ámbito xeral do traballo da asociación, sinalar o mantemento e ampliación da base de datos de identificación de publicacións relacionadas co patrimonio industrial, de libre acceso no portal de Buxa na web e que supera as mil referencias bibliográficas.

Continuouse tamén coa realización, dixitalización e publicación no portal de Buxa na web de outras sesenta e tres fichas máis de cadanseu elemento do Patrimonio Industrial de Galicia, que suma xa as duascentas noventa e nove fichas no seu Inventario.

Mantemento e ampliación da sección exclusiva para socios no portal de Buxa na web (https://www.asociacionbuxa.com), que suma xa vintesete documentos.

No canto do número de beneficiarios dos servizos da asociación, malia que non é de doada cuantificación pola gratuidade dalgúns servizos e o seu libre acceso vía web (biblioteca, documentos e inventario), contabilizáronse unhas 547 visitas mensuais cunhas 2.259 páxinas vistas ó mes. Consonte aos rexistros de Google Analytics, no ano houbo un total de 6.565 visitas e 27.102 páxinas vistas, con 1.597 usuarios habituais. Rexistrouse un máximo de 49 visitas o 22 de marzo (venres) e un mínimo de 3 visitas o 24 de decembro (martes).

Tódolos socios de Buxa teñen dereito ao acceso exclusivo á documentación relacionada co patrimonio industrial que se recolle nun apartado específico (“Só socios”) do devandito portal web.

Conferencia na Universidade Sénior da Universidade da Coruña verbo “O Patrimonio Industrial de Galicia” impartida o 11 de xaneiro no Campus de Ferrol.

Participación no mes de marzo na campaña “2015-Ano do patrimonio industrial europeo”, promovida pola Federación Europea de Asociacións do Patrimonio Industrial e Técnico (E-FAITH).

Conferencia verbo “Patrimonio Industrial de Galicia e Norte de Portugal”, impartida o 15 de marzo no Master Universitario en Patrimonio Cultural: la Eurorregión Galicia y Norte de Portugal, da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña.

O 24 de marzo, coa autorización do autor, don Mario Valdivieso Mateo, e dos editores, a Asociación Patronato Museo Etnográfico de A Capela, publicamos na sección de asociados da web de Buxa, o traballo “A Capela, na procura da luz eléctrica”, Primeiro Premio de Investigación Ferro Caaveiro, publicado no ano 2008 na revista O Retorno, do Museo Etnográfico de A Capela.

Participación na difusión das XV Jornadas Internacionales sobre Patrimonio Industrial de INCUNA, a celebrar en Gijón do 25 ao 28 de setembro co tema central “Patrimonio Marítimo, Fluvial y Pesquero”.

Cooperación nas accións de defensa do buque “Charlesville”, que navegara entre Amberes e Matabi (Congo), promovidas no mes de maio pola Asociación Flamenca para a Arqueoloxía Industrial (Vlaamse Vereniging voor Industriële Archeologie, VVIA).

Participación no mes de maio nas reunións preparatorias do V Congreso Europeo de Turismo Industrial, a celebrar en Ferrol no mes de xuño do 2014.

Colaboración coa Asociación para la Conservación y Estudio de los Molinos (ACEM) na captación de interesados en publicar na súa revista “Molinum”.

Preparación do epílogo do libro “Patrimonio Industrial de Ferrol y Comarca”, de don Juan José Burgoa Fernández.

Difusión no mes de xuño da convocatoria do X CERTAMEN INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA “Patrimonio Marítimo, Fluvial y Pesquero” 2013, promovido por INCUNA.

Participación no mes de xuño na preparación das especificacións do chamado “Proxecto Moara”, para a implantación dunha asociación de patrimonio industrial en Rumanía.

Difusión da convocatoria das III Jornadas de Patrimonio Industrial Activo, a celebrar na cidade de Murcia o 15 e 16 de novembro.

Visita guiada á fábrica de papel “La Minerva” para o programa “Desde Galicia para el Mundo” (11 setembro 2013).

Visita guiada ao Muíño de Mareas do Pozo do Cachón (Muros) no marco do programa Espazos Sonoros (28 setembro 2013).

Colaboración co Departamento de Historia do Colexio Manuel Padín Truiteiro na preparación dos traballos sobre o patrimonio industrial do concello de Arcade (Pontevedra).

Difusión da convocatoria do 9º Congreso Internacional de Molinoloxía, a celebrar os días 9, 10 e 11 de maio do 2014 na cidade de Murcia.

Participación na difusión da convocatoria da 5ª Conferencia Europea de Turismo Industrial, a celebrar en Ferrol (Galicia, España) o 22 e 23 de xuño do 2014.

Participación na convocatoria do Séptimo Encontro Europeo do Patrimonio Industrial e Técnico, celebrado en Neuchâtel (Suiza) do 25 ao 27 de outubro do 2013, promovido pola Federación Europea de Asociacións do Patrimonio Industrial e Técnico (E-FAITH).

Co título “Pazo Faramello: de muíño papeleiro a Balmoral do Sar” publicamos no número 19 da revista “Galegos” un artigo sobre a primeira fábrica de papel que houbera en Galicia, datada en 1714.

Por Orde da Xunta de Galicia do 20 de decembro do 2013, Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, ven de ser declarada de utilidade pública.


Ano 2014

No ámbito xeral do traballo da asociación, sinalar o mantemento e ampliación da base de datos de identificación de publicacións relacionadas co patrimonio industrial, de libre acceso no portal de Buxa na web e que supera as mil referencias bibliográficas.

Continuouse tamén coa realización, dixitalización e publicación no portal de Buxa na web de outras cincuenta fichas máis de cadanseu elemento do Patrimonio Industrial de Galicia, que suma xa as trescentas corenta e nove fichas no seu Inventario.

Mantemento e ampliación da sección exclusiva para socios no portal de Buxa na web (https://www.asociacionbuxa.com), que suma xa os vinte sete documentos.

No canto do número de beneficiarios dos servizos da asociación, malia que non é de doada cuantificación, pola gratuidade dalgúns servizos e o seu libre acceso vía web (biblioteca, documentos e inventario), contabilizáronse unhas 581 visitas mensuais cunhas 2.100 páxinas vistas ó mes. Consonte aos rexistros de Google Analytics, no ano houbo un total de 6.974 visitas e 25.199 páxinas vistas, con 1.327 usuarios habituais (o 25% do total de visitantes). Rexistrouse un máximo de 66 visitas o 26 de outubro (domingo) e un mínimo de 0 visitas o 6 de setembro (sábado).

Dende o comezo da súa existencia na Internet (29 de xaneiro do 2009), o portal de Buxa ten recibido 37.505 visitas, con 145.930 páxinas vistas e 7.258 usuarios habituais (o 26’3% do total de visitantes). O medio foi de dous minutos e trinta e nove segundos por sesión, con 3’89 páxinas vistas.

Tódolos socios de Buxa teñen dereito ao acceso exclusivo á documentación relacionada co patrimonio industrial que se recolle nun apartado específico (“Só socios”) do devandito portal web.

2 xaneiro: o Diario Oficial de Galicia número 1, do 2 de xaneiro, publica que Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, ven de ser declarada de utilidade pública por Orde do 20 de decembro do 2013, polo que os seus socios e benfeitores poderán deducir fiscalmente as súas aportacións, consonte o estabelecido na Lei 49/2002.

12 xaneiro: Comunicación do 12 de xaneiro de apoio ao Manifesto presentado pola Asociación de Acción Pública para la Defensa del Patrimonio Aragonés (APUDEPA, www.apudepa.com) solicitando a declaración do conxunto íntegro da Fundición Averly como ben de interés cultural (BIC).

21 marzo: difusión do comunicado da Sociedade Española de Historia das Ciencias e das Técnicas (SEHCYT), polo que convoca o seu XII Congreso que, co título xeneral de “Ciencia y Técnica entre la Paz y la Guerra”, vai celebrarse na Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid do 10 ao 12 de setembro do 2014.

25 marzo: Conferencia verbo “Patrimonio Industrial de Galicia e Norte de Portugal”, impartida o 25 de marzo no Mestrado Universitario en Patrimonio Cultural: a Euro rexión Galicia e Norte de Portugal, da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña.

26 marzo: acordo co Dr. José María López Vizoso de co-dirección do Traballo Fin de Mestrado “Posta en valor do Patrimonio Industrial na comarca de Valdeorras (Ourense)”, proposto pola alumna dona Silvia Pérez Fraga no marco do Mestrado en Patrimonio Cultural: a Euro rexión Galicia e Norte de Portugal”, impartido na Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña.

25 abril: comeza a campaña de recollida de firmas para a inclusión da Mina de Fontao no Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vila de Cruces (Pontevedra).

8 maio: difusión da convocatoria do Quinto Congreso Europeo de Turismo Industrial, que vai coincidir nesta volta coa terceira edición das Encrucilladas de Europa, a celebrar en Ferrol.

16 maio: presentación da Alegación ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vila de Cruces coa solicitude de protección para o conxunto de edificios e instalacións mineiras da mina de Fontao. Comunicación ao Consello da Cultura Galega, á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, e ao Instituto del Patrimonio Cultural de España.

22 maio: difusión da convocatoria das becas da Fundación Juanelo Turriano para a realización de teses doutorais sobre materias propias da historia da ciencia ou da técnica.

28 maio: Conferencia verbo “Patrimonio Industrial”, impartida o 28 de maio en Santiago de Compostela, no Foro “As novas rutas culturais de Galicia: a súa contribución á conservación do patrimonio e ao desenvolvemento turístico, económico e social”, no marco do Ciclo de Foros do Grupo Correo Gallego.

5 xuño: Colaboración coa empresa británica “Boundless Productions TV” do grupo “Fremantle Media Ltd.” na preparación do programa sobre “The West Galicia Railway” (o ferrocarril Carril-Cornes) da serie de Michael Portillo na BBC “Great Continental Railway Journeys”.

15 xuño: Presentación na Feira do Libro de Ferrol, xunto co autor, don Juan José Burgoa Fernández, e o prologuista, don Guillermo Llorca Freire, do libro “Patrimonio Industrial de Ferrol y Comarca”, con epílogo de Manuel Lara Coira, Presidente de Buxa.

23 xuño: difusión da convocatoria das “III Jornadas Andaluzas de Patrimonio Industrial y la Obra Pública”.

5 xullo: acordo preliminar co Dr. José María de Juan-García Aguado para a participación de Buxa na coedición do seu libro “La Fábrica de acorazados. La Sociedad Española de Construcción Naval en Ferrol. 1909-1939”.

8 xullo: tradución ao español para a súa difusión internacional na web da entidade (asemade que na de Buxa) do comunicado de E-FAITH co gallo do próximo ano 2015, dedicado ao patrimonio industrial e técnico europeo.

14 xullo: acordo coa empresa “Valora Consultores de Gestión, S.L.” para formar parte do equipo de especialistas para o Plan Director do Camiño de Santiago na execución do contrato de “Redacción do Plan Director e Plan Estratéxico dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia”.

31 xullo: visita coa arquitecta municipal de Mugardos, Olga Fra, ás instalacións da Bestarruza, para revisar e comentar un informe para o Axuntamento no que se aconsella a súa catalogación.

21 agosto: Convenio coa entidade “Tesouros de Galicia” para a cesión de contidos documentais, gráficos, imaxes, o gravacións, relacionados co patrimonio cultural e ambiental de Galicia, para a difusión pola súa parte no ámbito dos seus obxectivos.

5 setembro: acordo preliminar co Dr. Justino Fernández Negral para a participación de Buxa na edición do seu libro “Telleiras na ría de Ferrol”.

12 outubro: subscrición de apoio á “Declaración a prol dun Museo da Cidade de Ferrol”, promovida polo Foro de Amigos de Ferrol.

30 outubro: confirmación da participación de Buxa na coedición do libro “La Fábrica de acorazados. La Sociedad Española de Construcción Naval en Ferrol. 1909-1939”, segundo o alcance e especificacións que figuran no documento asinado.

10 novembro: Convenio coa entidade “Tesouros de Galicia” para compartir as experiencias desenvolvidas no ámbito de actuación que elles propio, aportando contidos para a difusión de iniciativas de interese, e o asesoramento no desenvolvemento das iniciativas que dita entidade deseñe arredor do patrimonio industrial de Galicia e o seu aproveitamento turístico sostible.

14 novembro: participación na Mesa de Especialistas convocada pola empresa “Valora Consultores de Gestión, S.L.” para compartir as diferentes visións sobre as fortalezas e necesidades do Camiño de Santiago, e os principais retos e obxectivos sobre os que artellar o Plan Director e Estratéxico 2015-2021 do Camiño de Santiago.


Ano 2015

No ámbito xeral do traballo da asociación, sinalar o mantemento e ampliación da base de datos de identificación de publicacións relacionadas co patrimonio industrial, de libre acceso no portal de Buxa na web e que supera as mil duascentas referencias bibliográficas.

Continuouse tamén coa realización, dixitalización e publicación no portal de Buxa na web de outras trinta e seis fichas máis de cadanseu elemento do Patrimonio Industrial de Galicia, que suma xa as trescentas oitenta e cinco fichas no seu Inventario.

Mantemento e ampliación da sección exclusiva para socios no portal de Buxa na web (https://www.asociacionbuxa.com), que suma xa os trinta e tres documentos.

No canto do número de beneficiarios dos servizos da asociación, malia que non é de doada cuantificación, pola gratuidade dalgúns servizos e o seu libre acceso vía web (biblioteca, documentos e inventario), contabilizáronse unhas 842 visitas mensuais cunhas 2.728 páxinas vistas ó mes. Consonte aos rexistros de Google Analytics, no ano houbo un total de 10.104 visitas e 32.735 páxinas vistas, con 2.039 usuarios habituais (o 27% do total de visitantes). Rexistrouse un máximo de 59 visitas o 7 de febreiro (sábado) e un mínimo de 9 visitas o 23 de maio (sábado).

Dende o comezo da súa existencia na Internet (29 de xaneiro do 2009), o portal de Buxa ten recibido 47.609 visitas, con 178.665 páxinas vistas e 9.253 usuarios habituais (o 26’5% do total de visitantes). O medio foi de dous minutos e trinta e cinco segundos por sesión, con 3’75 páxinas vistas.

Tódolos socios de Buxa teñen dereito ao acceso exclusivo á documentación relacionada co patrimonio industrial que se recolle nun apartado específico (“Só socios”) do devandito portal web.

15 xaneiro: solicitude de Silvia Pérez Fraga, técnico da Deputación da Coruña, para unha reunión cun técnico da empresa Cotesa, responsable do proxecto de turismo industrial que está a desenvolver a Deputación de Coruña.

17 xaneiro: reunión con José Luis Lalana Soto, profesor do Instituto Universitario de Urbanística da Universidad de Valladolid, responsable do proxecto de turismo industrial que está a desenvolver a Deputación de Coruña, para revisar conxuntamente as propostas dos recursos turísticos, etnográficos e industriais, a incluír en dito traballo.

22 xaneiro: reunión con Juan López Bedoya, profesor universitario e xeógrafo especialista no patrimonio natural e nos planes de ordenación turística e territorial, para analizar as posibilidades de propoñer planes de ordenación turística con rutas de turismo industrial nalgúns concellos que contan con tal tipo de recursos.

22 xaneiro: reunión con Susana Álvarez Martínez, profesora do Departamento de Historia do Instituto de Ensino Secundario do Milladoiro, para preparar unha xornada referente ao patrimonio industrial cun recorrido por parte do patrimonio industrial compostelán para os sesenta alumnos do cuarto curso do Ensino Secundario Obrigatorio.

13 febreiro: tralo acordo coa Asociacion de Ingenieros Industriales de Galicia, con domicilio na r/Alameda, 30-32, 7º. 15003 A Coruña, T. 981 217 081, F. 981 228 203, E. asociacion@icoiig.es , o portal web conxunto de dita Asociación co Ilustre Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia, permite o enlace directo co portal web de Buxa.

26 febreiro: entrevista no Correo Gallego con gallo do “Ano do Patrimonio Industrial e Técnico Europeo”.

24 marzo: reunión con Justino Fernández Negral, investigador do patrimonio industrial, para planificar a publicación do seu traballo sobre as telleiras da ría de Ferrol.

9 abril: reunión con Alberto Martínez Pintos, interlocutor da Agrupación de Interés Económico Logidigal (transitarios, consignatarios, transportistas, navieros, etc.), para analizar as posibilidades de valorizar o patrimonio industrial do porto de Vigo, comezando pola realización do inventario para propoñer planes de ordenación turística con rutas de turismo industrial, estudar as posibilidades de recuperación e reutilización dalgún dos elementos inventariados (IME, A Portela, etc.) na área de competencia da Autoridade Portuaria de Vigo, coa participación do Comité de Promoción Comercial do Porto de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.

27 abril: xornada no Instituto de Ensino Secundario do Milladoiro para os alumnos do cuarto curso do Ensino Secundario Obrigatorio e do Primeiro do Bacharelato, cunha presentación sobre o patrimonio industrial e o complemento dun percorrido pola ribeira dos ríos Sar e Sarela para o coñecemento dos muíños fariñeiros da ribeira de San Lourenzo, os curtidoiros entre a Ponte Vella de Vidán e a Ponte de Asén, e a fábrica de papel de Laraño.

4 setembro: reunión con José Ramón Ovidio Soto González para a preparación dunha Monografía sobre a fábrica “Conservas Sueiro”.

23 setembro: orde de publicación do libro “Tierra y fuego en la ría de Ferrol: tejeras y cerámicas del siglo XVIII al XX”, de Justino Fernández Negral.

30 setembro: visita Intasa-Galiparket e reunión coa concelleira de Turismo de As Pontes de García Rodríguez (Ana María Pena Purriños) para esbozar unha posible xornada a celebrar sobre industria e turismo.

30 setembro: reunión con Deloga (Ismael Blanco Bouza blancobouza@gmail.com e Antón Pernas Soto) para posible colaboración en temas patrimonio industrial e industria viva.

13 outubro: presentación ao autor, Justino Fernández Negral, do seu libro sobre as telleiras na ría de Ferrol, primeiro da colección Ézaro-Buxa.

21 outubro: colaboración con E-FAITH, Federación Europea de Asociacións do Patrimonio Industrial e Técnico, na sección de Grúas Portuarias (http://harbourcranes.eu/?q=Gantry-crane-Perl%C3%ADo)

26 outubro: Conferencia no Ateneo de Santiago, “A industria, recurso turístico”.

28 outubro: presentación na Alcaldía de Narón do libro de Justino Fernández Negral sobre as telleiras na ría de Ferrol, primeiro da colección Ézaro-Buxa.

30 outubro: reunión con Ana María Pena concelleira de turismo n’As Pontes de García Rodríguez para encetar a preparación dun posible congreso a celebrar no próximo mes de abril. Presentación do libro de Justino Fernández Negral editado por Ézaro-Buxa.

30 outubro: presentación na Alcaldía de Ares do libro de Justino Fernández Negral editado por Ézaro-Buxa.

3 novembro: presentación na Alcaldía de Ferrol do libro de Justino Fernández Negral editado por Ézaro-Buxa.

10 novembro: reunión co Alcalde de Neda para presentarlle o libro de Justino Fernández Negral editado por Ézaro-Buxa. Reunión co Alcalde de Fene coa mesma finalidade.

13 novembro: reunión con Sonia Pascual Amigo, da Universidade de Vigo, para fixar os termos de colaboración de Buxa no proxecto “Molinum: novos usos do patrimonio cultural preindustrial: aproveitamento enerxético, turístico e ambiental de muíños e outros enxeños hidráulicos”, de cooperación transfronteiriza España-Portugal, no marco da convocatoria INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP), área de cooperación Galicia-Norte de Portugal.

16 novembro: Seminario “Musealización e valorización do Patrimonio Industrial en Galicia”, no marco dos Seminarios sobre tendencias actuais en Museos, Arquivos e Bibliotecas do Mestrado sobre Tendencias Actuais en Museos, Arquivos e Bibliotecas, da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña

27 novembro: reunión con José Luis Maestro Castiñeiras, Director de Competitividade de Turismo de Galicia, para analizar posibles vías de cooperación de interese para ámbolos dous organismos.

27 novembro: acordo para a participación no proxecto da Universidade de Vigo de acrónimo MOLINUM e título “Novos usos do patrimonio cultural preindustrial: aproveitamento enerxético, turístico e ambiental de muíños e outros enxeños hidráulicos”, presentado á convocatoria INTERREG V-A España- Portugal (POCTEP), área de cooperación Galicia-Norte de Portugal.

28 novembro: Conferencia na Asociación Cultural Xábrega (Ares, A Coruña).

16 decembro: Presentación en Ferrol, no Museo da Construción Naval, do libro de José María de Juan-García Aguado “La fábrica de acorazados. La Sociedad Española de Construcción Naval en Ferrol (1909-1936)”, coeditado por Buxa.


Ano 2016

No ámbito xeral do traballo da asociación, sinalar o mantemento e ampliación da base de datos de identificación de publicacións relacionadas co patrimonio industrial, de libre acceso no portal de Buxa na web e que supera as mil duascentas trinta referencias bibliográficas.

Continuouse tamén coa realización, dixitalización e publicación no portal de Buxa na web de outras corenta e nove fichas máis de cadanseu elemento do Patrimonio Industrial de Galicia, que suma xa as catrocentas trinta e catro fichas no seu Inventario.

Mantemento e ampliación da sección exclusiva para socios no portal de Buxa na web (https://www.asociacionbuxa.com), que suma xa os trinta e nove documentos.

No canto do número de beneficiarios dos servizos da asociación, malia que non é de doada cuantificación, pola gratuidade dalgúns servizos e o seu libre acceso vía web (biblioteca, documentos e inventario), contabilizáronse unhas 884 visitas mensuais cunhas 2.699 páxinas vistas ao mes. Consonte os rexistros de Google Analytics, no ano houbo un total de 10.603 visitas e 32.391 páxinas vistas, con 2.189 usuarios habituais (o 28’5% do total de visitantes). Rexistrouse un máximo de 73 visitas o 26 de xaneiro (martes) e un mínimo de 7 visitas o 9 de xullo (sábado).

Dende o comezo da súa existencia na Internet (29 de xaneiro do 2009), o portal de Buxa ten recibido 58.212 visitas, con 211.056 páxinas vistas e 11.428 usuarios habituais (o 26’9% do total de visitantes). O tempo medio foi de dous minutos e trinta e tres segundos por sesión, con 3’63 páxinas vistas.

Tódolos socios de Buxa (29 no ano 2016) teñen dereito ao acceso exclusivo á documentación relacionada co patrimonio industrial que se recolle nun apartado específico (“Só socios”) do devandito portal web.

11 xaneiro: entrevista na Radio Nacional de España sobre a situación do Patrimonio Industrial de Galicia e a conmemoración do ano 2015 como“Ano do Patrimonio Industrial e Técnico Europeo”.

22 xaneiro: reunión con José Ramón Ovidio Soto González para a revisión da futura publicación sobre “Conservas Sueiro”.

13 febreiro: reunión na Coruña con Luis Blanco Gómez, director-xerente do Museo do Ferrocarril de Galicia (Monforte de Lemos), e Ángel Jove González, presidente do Museo de Automoción e Historia da Fundación Jorge Jove (A Coruña) para tratar da unificación de esforzos na defensa do patrimonio industrial de Galicia.

17 febreiro: apoio ao proxecto de conservación “Cocheras de Cuatro Caminos del Metro de Madrid”, edificio proxectado polo notable arquitecto galego Antonio Palacios Ramilo e un dos poucos vestixios do Metro madrileño de 1919, mostra relevante da arquitectura local e do seu patrimonio industrial.

9 marzo: colaboración con Eusebi Casenelles (ex presidente do TICCIH) na identificación de posibles entidades galegas interesadas en formar parte da Ruta Europea do Patrimonio Industrial (ERIH, European Route of Industrial Heritage) como punto de apoio ou referencia individual co obxectivo final de constituír unha ruta industrial rexional.

7 abril: participación no taller de Directrices de Paisaxe de Galicia que está a desenvolver o Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia como un dos instrumentos establecidos pola Lei de Protección da Paisaxe de Galicia para a xestión e ordenación das paisaxes galegas.

29 abril: reunión do xurado do “Premio de investigación Buxa 2015” e fallo do mesmo. Comezo da preparación da edición dos traballos aceptados a concurso.

18 mayo: participación na “Ruta industrial Guixar-Bouzas”, recorrido guiado polo catedrático Xoán Carmona Badía polo que fora a fronte marítima de Vigo.

20 mayo: lanzamiento da ruta marítima de turismo industrial pola ría de Vigo, promovida por Buxa.

31 maio: acordo de colaboración co Instituto Universitario de Estudos Marítimos da Universidade da Coruña para participar na promoción da costa galega nas súas múltiples vertentes, dende a lúdica e deportiva até a industrial e económica.

1 xuño: participación como guía na viaxe inaugural da ruta marítima de turismo industrial pola ría de Vigo.

14 xuño: creación do perfil de Buxa na rede social “Facebook”.

16 xuño: participación na proposta presentada por “Tesouros de Galicia” ao programa de turismo sostible da ONU (10YFP STP) para organizar o congreso anual: “2016 Annual Conference and Symposium of the Sustainable Tourism Programme”, ao que acoden uns 250 expertos do sector, representantes de organizacións turísticas, entidades gobernamentais e organizacións non gobernamentais, como unha oportunidade de promocionar Galicia mundialmente, ademais de colaborar na difusión de formas de produción e de consumo sostibles.

30 xuño: entrevista e recorrido filmado pola ruta do Sar e o Sarela da Compostela industrial para un programa de divulgación de V-Televisión (La Voz de Galicia).

2 xullo: colaboración con E-FAITH (Federación Europea de Asociacións do Patrimonio Industrial e Técnico) no proxecto europeo “Genius Loci” que ten o propósito de mostrar o potencial turístico das pequenas e medianas industrias de artesanía tradicional e industrial, estean en funcionamento ou fora de uso.

3 xullo: dirección do documento videográfico “Ruta marítima polo patrimonio industrial da ría de Vigo” e publicación do mesmo nas redes sociais.

5 xullo: reunión na Deputación de Pontevedra con Santos Héctor Rodríguez Díaz, presidente da Comisión de Innovación, Promoción Económica e Turismo, e Inés Calvo, técnica de turismo, para mirar a posible axuda á publicación do libro das pegadas da industrialización na enseada de San Simón e o folleto guía da correspondente ruta marítima.

18 xullo: participación co Instituto del Patrimonio Cultural Español (IPCE) nas Xornadas Europeas do Patrimonio promovidas polo Consello de Europa (European Heritage Days – Council of Europe) coa comunicación das actividades desenvolvidas a prol da xestión e conservación do patrimonio industrial, sinaladamente a convocatoria da ruta marítima polo patrimonio industrial da ría de Vigo

9 agosto: entrevista con Manuel García Sendón (presidente de Culturmar, Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial) para colaborar en temas de común interese.

12 agosto: acordo acadado coa Fundación para a Pesca e o Marisqueo (FUNDAMAR) para prestar a nosa colaboración no proxecto “Vigo pesqueiro” na procura dunha oferta turística de calidade, complementaria e desestacionalizada. FUNDAMAR (http://www.fundamar.org) foi creada no 2010 pola Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), a Unión Xeral de Traballadores (UGT-Galicia) e as Comisións Obreiras (CC.OO.-Galicia) e conta coa colaboración do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

9 setembro: entrevista en Noia co profesor Pedro García Vidal para falar das industrias noiesas e a súa localización.

29 setembro: reunión co grupo santiagués de acción cultural “Faladoiro do Pataca” para presentarlles Buxa e as súas actividades.

29 setembro: acordo de colaboración na realización dun Traballo Fin de Mestrado sobre o chamado Pazo de Isabel II (fábrica de tecidos) con Sheila Sánchez, alumna do Mestrado sobre Medioambiente e Arquitectura Bioclimática da Universidade Politécnica de Madrid.

30 setembro: participación con José María de Juan-García Aguado e Carmen Perales Garat na mesa redonda celebrada na Galería Sargadelos sobre o dique de mareas e o arsenal civil da Cabana (Ferrol).

26 outubro: participación en “Vigo Pesqueiro”, primeiro congreso de turismo industrial de Galicia e Norte de Portugal, no que se presentaron en Vigo as oportunidades de desenvolvemento económico e social do territorio vinculadas a industria, co complemento das experiencias da industria viva en turismo, cultura e museos.

26 outubro: reunión con Xaquín Lores Torres, de Culturmar (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial) para analizar as posibilidades de colaboración de Buxa nas Xornadas de Embarcacións Tradicionais do vindeiro ano en Combarro.

27 outubro: colaboración coa produtora cinematográfica coruñesa “Vaca Films” na localización de construcións industriais de finais do século XIX e comezos do XX apropiadas como escenario na rodaxe dun proxecto ambientado no decenio de 1920.

27 outubro: xornada sobre Novas Rutas Culturais para a Asociación de Alumnos da Universidade Senior da Universidade da Coruña.

21 novembro: colaboración co Servizo de Conservación da Natureza de Ourense coa achega de documentación sobre a fábrica de papel de Lousado (ficha 147) para os paneis explicativos a instalar no Sendeiro de Piñor, que discorre nas proximidades da localidade de Lousado (Piñor de Cea).

24 novembro: presentación na Galería Sargadelos de Vigo do libro “Pegadas da industrialización en Galicia: a Enseada de San Simón”.

10 decembro: traballo de campo na Illa de Arousa como colaboración no traballo de fin de grao de dona Sara Cacheiro González, alumna do Grao en Xeografía e Historia da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) sobre “Paisajes culturales. Patrimonio y Turismo”.


Ano 2017

No ámbito xeral do traballo da asociación, sinalar o mantemento e ampliación da base de datos de identificación de publicacións relacionadas co patrimonio industrial, de libre acceso no portal de Buxa na web e que supera as mil trescentas setenta referencias bibliográficas.

Continuouse tamén coa realización, dixitalización e publicación no portal de Buxa na web de outras sesenta e seis fichas máis de cadanseu elemento do Patrimonio Industrial de Galicia, que suma xa as cincocentas fichas no seu Inventario.

Mantemento e ampliación da sección exclusiva para socios no portal de Buxa na web (https://www.asociacionbuxa.com), que suma xa os cincuenta documentos.

No canto do número de beneficiarios dos servizos da asociación, malia que non é de doada cuantificación, pola gratuidade dalgúns servizos e o seu libre acceso vía web (biblioteca, documentos e inventario), contabilizáronse unhas 902 visitas mensuais cunhas 3.388 páxinas vistas ao mes. Consonte os rexistros de Google Analytics, no ano houbo un total de 10.827 visitas e 40.661 páxinas vistas, con 2.184 usuarios habituais (o 27’5% do total de visitantes). Rexistrouse un máximo de 98 visitas o 24 de maio (mercores) e un mínimo de 11 visitas o 8 de xullo (sábado).

Dende o comezo da súa existencia na Internet (29 de xaneiro do 2009), o portal de Buxa ten recibido 69.025 visitas, con 251.690 páxinas vistas e 13.587 usuarios habituais (o 27’0% do total de visitantes). O tempo medio foi de dous minutos e trinta e tres segundos por sesión, con 3’65 páxinas vistas.

Tódolos socios de Buxa (31 no ano 2017) teñen dereito ao acceso exclusivo á documentación relacionada co patrimonio industrial que se recolle nun apartado específico (“Só socios”) do devandito portal web.

2 xaneiro: intercambio de opinións con Juan López Bedoya sobre as posibilidades de sacar adiante un proxecto de memoria sonora industrial dos estaleiros da Bazán en Ferrol, no que se recolla a vertente social do son e a súa influencia na comarca, desentrañando os ritmos sonoros impostos pola actividade e as emisións xeofónicas do tecido industrial ferrolán

16 xaneiro: reunión con Justino Fernández Negral para analizar o interese da publicación dun traballo de investigación sobre a fábrica de portas da “Peninsular Maderera” en Ferrol.

23 xaneiro: reunión na Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña con Víctor Alonso Troncoso, coordinador do Grupo de investigación Historia, Arqueología, Documentación y Cultura e con y Carmen Fernández Casanova, membro do mesmo, por ver de colaborar co seu grupo no relativo ao patrimonio industrial na súa investigación e publicación sobre as fragas do Eume.

25 xaneiro: acordo con don Miguel Ángel Álvarez Areces, Presidente de TICCIH España, para colaborar na preparación e desenvolvemento do Sétimo Congreso do Patrimonio Industrial e a Obra Pública, a celebrar n’As Pontes de García Rodríguez do 5 ao 8 de xullo co eixo temático “Patrimonio Industrial, Repercusións Ambientais e Estratexias de Rexeneración Territorial”.

26 xaneiro: reunión en Rianxo con Carlos Henrique Fernández Coto, arquitecto del Área de Rehabilitación Integral de Rianxo (ARI) e presidente da “Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego” na procura de modos de colaboración.

30 xaneiro: publicación das bases do “Premio de investigación Buxa 2017”.

31 xaneiro: compromiso de colaboración no eido do patrimonio industrial con “Valora Consultores” na súa proposta para o proxecto “Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Pontevedra”, licitado pola Deputación de Pontevedra.

1 febreiro: publicación da entrevista realizada o 31 de xaneiro por Beatriz Antón Viscasillas, periodista de La Voz de Galicia en Ferrol, con motivo da participación na xornada sobre os museos e a conservación do patrimonio que vai celebrarse na Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña.

1 febreiro: reunión en Vigo con don Vicente Caramés Moreira, Director do Museo do Mar de Galicia, para estudar a posible colaboración entre ambas entidades, en particular para o estabelecemento do Museo como “Anchor Point” ou punto de referencia da Ruta Europea do Patrimonio Industrial (ERIH, European Route of Industrial Heritage), unha rede dos lugares máis importantes do patrimonio industrial en Europa, ligazón común entre todos eles, desde fábricas fora de uso a paisaxes industriais e museos tecnolóxicos interactivos.

3 febreiro: conferencia “Huellas de la industrialización en la ría de Ferrol: conservación y recuperación de un patrimonio singular”, no marco da materia “Historia de los museos y del coleccionismo” do Mestrado en Museos, Arquivos e Bibliotecas da Facultade de Humanidades, orgaizada como xornada aberta ao público co lema “Ferrol no século XXI: pasado, presente e futuro do patrimonio museístico da cidade”.

8 febreiro: preparación dun artigo sobre a pesca da balea en Galicia para a revista Ardentía, da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar).

14 febreiro: colaboración na difusión da convocatoria do Sétimo Congreso do Patrimonio Industrial e a Obra Pública, a celebrar n’As Pontes de García Rodríguez do 5 ao 8 de xullo co eixo temático “Patrimonio Industrial, Repercusións Ambientais e Estratexias de Rexeneración Territorial”.

20 febreiro: apoio á iniciativa do Concello de Ferrol para presentar a proposta do proxecto de referencia no asunto ao abeiro da convocatoria 2017 para axudas FEMP, dentro do GALP “Golfo Costa Noroeste”.

13 marzo: colaboración con Jesús Manuel Giz Novo, da Asociación de Ingenieros Industriales de Galicia, cun artigo sobre as posibilidades do patrimonio industrial como obxecto fotográfico na Terceira Edición do Concurso de Fotografía a Enxeñaría Industrial na Sociedade.

18 marzo: colaboración na difusión da décimo terceira edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, de periodicidade bienal e carácter itinerante polos portos de Galicia, unha das manifestacións da cultura marítima máis importantes das que se celebran na Península Ibérica, que vai ter lugar do vindeiro 29 de xuño até o 2 de xullo en Combarro (Poio, Pontevedra).

22 marzo: reunión con Claudio Otero Eiriz para recibir información sobre a industria da serra en Chantada e a industria contemporánea do coiro en Galicia, obxecto este da súa tese doutoral.

6 abril: comeza a distribución da publicación que recolle os traballos que que foran seleccionados para concursar ao Premio de Investigación Buxa 2015-2016.

11 abril: Reunión en Pontevedra con Alejandro Diéguez, Ignacio Seijo e Xavier Castro para preparar o esquema dunha posible exposición sobre o viño e a súa cultura en Galicia.

13 abril: contacto co profesor Víctor Alonso Troncoso para a revisión do estado do proxecto de investigación e publicación sobre as Fragas do Eume.

24 abril: preparación dun artigo sobre a Real Fábrica de Tabacos da Coruña para a revista Galegos.

25 abril: entrevista da axencia de comunicación CRO sobre o estado do patrimonio industrial galego para a súa distribución nas radios locais galegas.

8 maio: reunión con Justino Fernández Negral para a revisión da futura publicación sobre “Peninsular Maderera”.

11 maio: reunión coa Directora Xeral de Patrimonio Cultural (María del Carmen Martínez Ínsua), o Subdirector Xeral de Protección do Patrimonio Cultural (Juan Antonio Naveira Seoane)

24 maio: a Fundación Luís Tilve comunícanos a concesión do Premio a defensa do medio ambiente e os bens comúns do ano 2016

25 maio: participación na “Ruta industrial Bouzas-Alcabre”. Co gallo do Día Internacional dos Museus e grazas ao Museo Anfaco da Industria Conserveira, imos gozar da Segunda Andaina Industrial, percorrendo desta volta as pegadas da industria en Bouzas e Alcabre. É unha boa maneira de comezar a institucionalizar o interese polo patrimonio industrial de Vigo.

3 xuño: asemblea no Museo do Pobo Galego para a definición e posta en marcha da “Rede do patrimonio cultural” para unha coordinación das entidades pola defensa do patrimonio cultural galego http://redepatrimonio.gal/

9 xuño: comunicación formal da aceptación do documento de configuración e obxectivos iniciais da Rede do Patrimonio Cultural e de aceptación das normas de funcionamento no rexistro da intranet.

14 xuño: acordo con “Logidigal, Asociación de Interese Económico” para a preparación dunha segunda ruta marítima de turismo industrial pola ría de Vigo, nesta volta Vigo-Alcabre-Cangas-Moaña-Guixar-Vigo.

17 xuño: ratificación do documento de obxectivos e funcionamento da Rede do Patrimonio Cultural de Galicia e aceptación das normas de funcionamento no rexistro da intranet.

21 xuño: integración de Buxa coas sesenta e cinco entidades vinculadas ao patrimonio cultural fundadoras da Rede do Patrimonio Cultural de Galicia.

21 xuño: presentación na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela da revista Nova Ardentía, de Culturmar, Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, na que figura un artigo de Buxa sobre a pesca da balea en Galicia.

24 xuño: Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial queda integrada entre os setenta e un socios fundadores da Rede do Patrimonio Cultural.

20 xullo: integración no portal web da Rede do Patrimonio Cultural de Galicia.

25 xullo: preparación do tríptico “Turismo industrial ría de Vigo. Ruta guiada por la zona Oeste”.

28 xuño: gravación por Ana Romaní dunha entrevista para a Radio Galega sobre as actividades de Buxa.

28 xuño: lanzamento da segunda ruta marítima de turismo industrial pola ría de Vigo. Viaxe suspendida polas malas condiciones meteorolóxicas.

29 xuño: acto de entrega do Premio da Fundación Luís Tilve 2016 á defensa do medio ambiente e os bens comúns, no Centro Sociocultural de Fontiñas.

2 xullo: presentación do libro “Pegadas da industrialización en Galicia: a Enseada de San Simón” no marco do XIII Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia, en Combarro (Poio, Pontevedra).

5 xullo: asistencia ao Prof. Dr. Massimo Preite, da Universidade de Florencia, vicepresidente da Asociación Italiana para o Patrimonio Arqueolóxico Industrial, membro da dirección do TICCIH e da ERIH, na súa visita ao Museo da Construción Naval e ao Museo Naval de Ferrol.

5-6-7 xullo: participación no VII Congreso de TICCIH España e coordinación na sección “Repercusións ambientais do patrimonio industrial”.

6 xullo: Presentación en As Pontes de García Rodríguez e no marco do VII Congreso de TICCIH España do libro “As canteiras de Moaña e outras xeiras”.

12 xullo: participación como guía na segunda ruta marítima de turismo industrial pola ría de Vigo (Vigo-Bouzas-Alcabre-Cangas-Tirán-Moaña-Isamil-Chapela-Guixar-Vigo), coa “Naviera Nabia”.

13 xullo: gravación por Teresa Comesaña dunha entrevista para a Radio Galega sobre as actividades de Buxa e as rutas marítimas pola ría de Vigo.

18 xullo: participación na Xornada para a creación do grupo de traballo para a “Estratexia de infraestrutura verde de Galicia”, convocada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e coordinada polo Instituto de Estudos do Territorio na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

20 xullo: reunión co Subdirector Xeral de Conservación e Restauración do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para analizar as posibilidades de colaboración na realización do censo do patrimonio industrial de Galicia.

2 agosto: colaboración con E-FAITH (Federación Europea de Asociacións do Patrimonio Industrial e Técnico) na campaña e actividades propostas para o Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018 (EYCH2018).

30 agosto: comunicación da concesión do Premio Galicia de Industria 2017, outorgado polo Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, en colaboración coa Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

7 setembro: comeza a difusión dunha nova ruta marítima pola ría de Vigo, promovida por “Bluscus, turismo marinero”.

14 setembro: participación como guía na terceira ruta marítima de turismo industrial pola ría de Vigo (Vigo-Bouzas-Alcabre-Cangas-Moaña-Punta Arroás-Guixar-Vigo), esta vez a bordo da goleta “Nauja”, construída en 1928 en Dinamarca.

19 setembro: entrevista con Antonio Castro Ferreiro, concelleiro n’As Pontes de García Rodríguez e reportaxe sobre as pequenas centrais hidroeléctricas no termo municipal.

29 setembro: envío a “Hume, Revista de Estudos Históricos Locais” do traballo orixinal “Aproveitamentos hidroeléctricos no termo municipal de As Pontes de García Rodríguez”.

2 outubro: reunión con Justino Fernández Negral para a revisión da futura publicación sobre “Peninsular Maderera”.

5 outubro: preparación do tríptico “Turismo industrial ría de Vigo. Ruta guiada por la zona Este”.

4 outubro: entrevista da empresa “Bluscus, turismo marinero” sobre a colaboración e participación de Buxa nas rutas marítimas de turismo industrial.

6 outubro: acto de entrega do Premio Galicia de Industria 2017 en Pontevedra.

7 outubro: participación como guía na cuarta ruta marítima de turismo industrial pola ría de Vigo (Vigo-Guixar-Teis-Chapela-Rande-Cedeira-Cesantes-San Simón-Cobres-Domaio-Meira-Vigo), esta vez a bordo do catamarán da empresa “Naviera Nabia”.

9 outubro: entrevista e reportaxe sobre os muíños de Lestache no río Grande de Xubia (Narón) para un reportaxe de actualidade da Televisión de Galicia.

13 outubro: artigo “Patrimonio Industrial: más que arqueología y arquitectura” para a Comisión de Patrimonio Industrial da Federación de Asociaciones de Ingenieros Industriales de España (FAIIE).

15 outubro: entrevista e recorrido filmado pola ruta do Sar e do Sarela da Compostela industrial para un programa de divulgación da Televisión de Galicia.

11 outubro: reunión co Subdirector Xeral de Conservación e Restauración do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para analizar as posibilidades de colaboración na realización do censo do patrimonio industrial de Galicia.

20 outubro: participación na presentación da “Estratexia da Paisaxe Galega. Planificación 2017-2020”, promovida polo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia co gallo do I Día Internacional da Paisaxe do Consello de Europa.

27 outubro: participación na xornada “Infraestrutura Verde da Área Metropolitana da Coruña”, organizada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

16 novembro: participación na Rede do Patrimonio Cultural de Galicia co gallo do “Día Mundial del Patrimonio”

22 novembro: presentación no Museo da Construción Naval de Ferrol do libro “As canteiras de Moaña e outras xeiras”, no que se recollen os cinco traballos seleccionados para o Premio Buxa de Investigación 2015.

27 novembro: colaboración coa Comisión de Patrimonio Industrial da Federación de Asociaciones de Ingenieros Industriales de España (FAIIE) na preparación de paneis expositivos sobre a historia industrial española.

28 novembro: acordo co profesor José Enrique Ares Gómez para o desenvolvemento dunha tese doutoral sobre a industria cerámica en Salvaterra do Miño.

30 novembro: conversa con Paula Justo Salgado, de Europa Press, para a preparación dun traballo periodístico sobre a situación do patrimonio industrial en Galicia.

13 decembro: reunión con Federico Garrido Villa, arquitecto da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para presentarlle a proposta de paneis expositivos referentes ao patrimonio industrial de Galicia.

15 decembro: entrevista feita por Paula Justo Salgado, de Europa Press, para a un traballo periodístico sobre a situación do patrimonio industrial en Galicia.

15 decembro: presentación n’As Pontes de García Rodríguez do número 10 da “Revista de Estudos Históricos Locais”, na que figura unha publicación impulsada por Buxa sobre os aproveitamentos hidroeléctricos no termo municipal.

16 decembro: a Junta de Representantes da Federación de Asociaciones de Ingenieros Industriales de España (FAIIE) aproba a proposta de colaboración na preparación de paneis expositivos sobre o patrimonio industrial de Galicia.

26 decembro: conversa con Plácido García Pérez para a preparación dunhas xornadas a desenvolver en Avilés e Coruña sobre os setenta anos da industria do aluminio no noroeste español.


Ano 2018

No ámbito xeral do traballo da asociación, sinalar o mantemento e ampliación da base de datos de identificación de publicacións relacionadas co patrimonio industrial, de libre acceso no portal de Buxa na web e que supera as 1.400 referencias bibliográficas.

Continuouse tamén coa realización, dixitalización e publicación no portal de Buxa na web de outras 25 fichas máis de cadanseu elemento do Patrimonio Industrial de Galicia, que suma xa as 525 fichas no seu Inventario.

Mantemento e ampliación da sección exclusiva para socios no portal de Buxa na web (https://www.asociacionbuxa.com), que suma xa os 60 documentos.

No canto do número de beneficiarios dos servizos da asociación, malia que non é de doada cuantificación, pola gratuidade dalgúns servizos e o seu libre acceso vía web (biblioteca, documentos e inventario), contabilizáronse unhas 954 visitas mensuais cunhas 2.396 páxinas vistas ao mes. Consonte os rexistros de Google Analytics, no ano houbo un total de 11.445 visitas e 28.747 páxinas vistas, con 1.151 usuarios habituais (o 11’9% do total de 9.692 visitantes). Rexistrouse un máximo de 114 visitas o 14 de agosto (martes) e un mínimo de 11 visitas o 22 de decembro (sábado).

Dende o comezo da súa existencia na Internet (29 de xaneiro do 2009), o portal de Buxa ten recibido 80.465 visitas, con 280.429 páxinas vistas e 2.372 usuarios habituais (o 11’9% do total de visitantes). O tempo medio foi de 2 minutos e 29 segundos por sesión, con 3’49 páxinas vistas.

Tódolos socios de Buxa (29 no ano 2018) teñen dereito ao acceso exclusivo á documentación relacionada co patrimonio industrial que se recolle nun apartado específico (“Só socios”) do devandito portal web.

14 xaneiro: finalización das maquetas de cinco paneis expositivos para a Comisión de Patrimonio Industrial da Federación de Asociaciones de Ingenieros Industriales de España (FAIIE).

15 xaneiro: reunión en Ferrol con Justino Fernández Negral para revisar a situación da publicación dun traballo de investigación sobre a fábrica de portas da “Peninsular Maderera” en Ferrol.

16 xaneiro: acordo coa revista “Galegos” para preparar a publicación de dous artigos sobre A Illa de Arousa, un que recolla notas históricas e outro sobre a historia industrial.

6 febreiro: invitación do Instituto de Educación Secundaria Plurilingüe Fontexería, de Muros, para impartir unha charla sobre Buxa e o patrimonio industrial co motivo do Ano Europeo do Patrimonio Cultural.

7 febreiro: reunión do Grupo de Traballo Historia e Cultura Portuaria e Marítima no marco da estratexia Crecemento Azul da Comisión Europea, orientada á economía marítima para promover o emprego e o crecemento económico dun modo sustentable. O grupo vigués pretende valorizar o patrimonio marítimo portuario, difundilo, potencialo, conservalo e xestionalo. Cun grupo portugués pretenden presentarse á convocatoria de fondos POCTEP Interreg para a protección do patrimonio cultural.

8 febreiro: colaboración con Silvia Vicente na realización do seu traballo fin de mestrado sobre as minas de Valborraz (Casaio de Valdeorras).

15 febreiro: invitación do Centro de Estudios Andaluces para participar no Seminario ‘Pensando el patrimonio industrial. Los retos del siglo XXI’.

27 febreiro: invitación para participar no V Curso de Verán da Universidade da Coruña que leva por título “A evolución do turismo no marco da sociedade global: retos para a súa planificación e xestión”

6 marzo: solicitude de Logidigal para participar xunto coa Navieira Nabia na reactivación da ruta pola historia industrial da ría de Vigo.

13 marzo: acordo con “Logidigal, Asociación de Interese Económico” para a preparación de dúas rutas marítimas de turismo industrial pola ría de Vigo; serían a Ruta de San Simón (Vigo-Chapela-Rande-Punta Socorro-San Simón-San Adrián-Domaio-Punta Arroás-Vigo) e a Ruta oeste da ría de Vigo (Vigo-Alcabre-Cangas-Moaña-A Borna-Chapela-Teis-Guixar-Vigo).

14 marzo: invitación para participar no Museo da Siderurxia e a Minería de Sabero (León) no encontro de debate e proposta de alternativas para a dinamización e diversificación da economía e o emprego nas concas mineiras abandonadas de Castela e León por medio dos bens que posúen.

22 marzo: colaboración con Sara Alonso e Nuria López na realización do seu traballo fin de mestrado na titulación de Protocolo, Comunicación e Organización de Eventos da Universidad Rey Juan Carlos; identificouse un espazo fabril para a realización de fotografías para implantar acciones e estratexias de comunicación nun blog especializado en tendencias de voda.

2 abril: autorización a produtora audiovisual coruñesa “Lúa Ideas” para a utilización de imaxes do arquivo de Buxa na realización para a Televisión de Galicia do programa de divulgación cultural “A pegada dos indianos”.

3 abril: acordo con Víctor Alonso Troncoso, coordinador do Grupo de investigación Historia, Arqueología, Documentación y Cultura da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña, para apoiar a creación do Instituto de Humanidades de Ferrol.

13 abril: declárase deserto o “Premio de Investigación Buxa 2017”.

18 abril: participación na presentación do número 24 da revista Galegos, na que figuran dous artigos sobre a historia e a historia industrial da Illa de Arousa.

28 abril: envío a empresa “Naviera Nabia” da documentación (folleto descritivo e guía informativa) correspondente a ruta marítima de turismo industrial pola Enseada de San Simón da ría de Vigo (Vigo-Chapela-Rande-Punta Socorro-San Simón-San Adrián-Domaio-Punta Arroás-Vigo).

5 maio: participación como guía na ruta marítima de turismo industrial pola Enseada de San Simón da ría de Vigo (Vigo-Chapela-Rande-Punta Socorro-San Simón-San Adrián-Domaio-Punta Arroás-Vigo), no catamarán Pirata de Onza da “Naviera Nabia”.

8 maio: reunión con Justino Fernández Negral para analizar as posibilidades de publicación do seu traballo sobre “Peninsular Maderera”.

9 maio: adhesión a homenaxe ao enxeñeiro vigués José Eligio Prieto Moresi

10 maio: envío a Asociación de Ingenieros Industriales de Galicia dun apunte para a preparación da ruta industrial do río Sarela.

10 maio: envío ao profesor Víctor Alonso Troncoso do artigo sobre a electricidade na comarca do Eume.

17, 18 e 19 de maio: participación no Seminario de Investigación “Pensando el patrimonio industrial: los retos del siglo XXI”, celebrado na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Sevilla e clausurado nas instalacións do Pozo Minero 5, de Villanueva del Río y Minas (Sevilla).

23 maio: colaboración con Mere Merola no deseño e maquetaxe dun libriño sobre a ruta marítima pola historia industrial da Enseada de San Simón, na ría de Vigo.

25 maio: participación na “Ruta industrial Rodeira-Punta Balea”. Co gallo do Día Internacional dos Museus e grazas ao Museo Anfaco da Industria Conserveira, imos gozar da Terceira Andaina Industrial, percorrendo desta volta as pegadas da industria na contorna de Cangas do Morrazo.

23 xuño: colaboración con Mere Merola no deseño e maquetaxe dun libriño sobre a ruta marítima pola historia industrial do Oeste da Bahía de Vigo, na ría de Vigo.

3 xullo: participación coa conferencia “O patrimonio industrial como elemento dinamizador do territorio” no Quinto Curso de Verán da Universidade da Coruña que leva por título “A evolución do turismo no marco da sociedade global: retos para a súa planificación e xestión”, celebrado en Noia os días 2, 3 e 4 de xullo.

5 xullo: reunión no Museo do Mar de Galicia co seu director, Vicente Caramés, o director de Nortideas, Alejandro Diéguez, e Robert Earlie, contacto con Moira Sheehy, para analizar as posibilidades dun proxecto de colaboración Irlanda-Galicia que contemplase a restauración da embarcación tradicional irlandesa naufragada na desembocadura do Miño (accidente no que morreu o poeta Danny Sheehy) e a súa mostra no museo.

1 agosto: gravación con Rosa González Bello dunha reportaxe sobres os muíños papeleiros e as fábricas de papel na contorna de Santiago para “Revista Fin de Semana” da Radio Televisión de Galicia (RTVG).

12 agosto: emisión da reportaxe sobre os muíños papeleiros

19 setembro: colaboración co ICSEM (Instituto para el Crecimiento Sostenible de la Empresa) no estudo do proxecto Mar de Velas. Este proxecto ten como finalidade o deseño dun modelo de xestión dunha Rede de Mariñas Tradicionais en Galicia, a través da cal se poña en valor o patrimonio cultural ligado ao ámbito das embarcacións tradicionais.

21setembro: reunión en Vigo con Juan Martínez Domínguez, presidente de Logidigal, e Rita Cal, da xerencia, para presentarlles o proxecto dos cadernos das rutas marítimas industriais da ría de Vigo.

21setembro: reunión en Pontevedra con Inés Calvo Pensado, técnica de turismo da Deputación de Pontevedra, para presentarlle o proxecto dos cadernos das rutas marítimas industriais da ría de Vigo.

21setembro: reunión en A Illa de Arousa con Robert ‘Bob’ Earlie, patrón do ‘Modus Vivendi’, para precisar certos aspectos da cooperación da irlandesa ‘Meitheal Mara’ (community boardyard Cork) co Museo do Mar de Galicia na recuperación da embarcación tradicional naomhóg (Kerry currach) que fixo “The Camino voyage”.

3 outubro: participación na presentación do número 10 da revista “Nova Ardentía”, da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (CULTURMAR).

6 outubro: participación como convidados na celebración dos 25 anos da Federación Galega de Patrimonio Marítimo e Fluvial ( CULTURMAR).

25 outubro: presentación do relatorio “Novas rutas culturais: o patrimonio industrial visto dende o mar”, no Segundo Congreso Internacional de Patrimonio Industrial y de la Obra Pública, celebrado en Alcalá de Guadaíra (Sevilla) os días 24, 25 e 26 de outubro.

27 outubro: convite para participar na Associação Repatris (http://www.repatris.org) que ten como fins “Identificação, para a reabilitação e valorização do património histórico, cultural, artístico, industrial, etnológico, de interesse social e público. Redução das assimetrias sociais e a participação dos cidadãos. Desenvolver o intercâmbio de práticas, saberes e conhecimentos no campo da reabilitação e da proteção. Preservação do meio ambiente e o desenvolvimento sustentável”.

8 novembro: reunión con Diego López González, director da Cámara Oficial Mineira de Galicia para establecer un marco de colaboración nos temas comúns.

13 novembro: relatorio sobre o “Panorama industrial de Vigo en las décadas de 1940 y 1950” no marco da xornada divulgativa “Infraestructuras, desarrollo industrial y obra pública en el Vigo de mediados del siglo XX: perdurabilidad y renovación urbana”, acto de homenaxe ao enxeñeiro vigués José Eligio Prieto Moresi.

16 novembro: comezo da colaboración coa Cámara Oficial Mineira de Galicia nos dous proxectos subvencionados pola Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galicia, o inventario do patrimonio mineiro de Galicia e a divulgación das rutas xeolóxicas e mineiras de Galicia.

22 novembro: remata o envío á Cámara Oficial Mineira de Galicia do artigo “La minería y el patrimonio minero de Galicia” e 163 fotografías e ilustracións do arquivo de Buxa (Silvarosa, 38; Sargadelos, 14; Minas de Vilaoudriz, 35; Forno do Forte, 11; Caolines de Laxe, 3; Minas de San Finx, 12; Minas de Fontao, 25; Cargadoiros de Rande, 8; Minas de Freixo, 7; Minas de Valborraz, 9; e Rotopalas de As Pontes, 1).

29 novembro: invitación de Javier Pereira, da a emisora de radio comunitaria CUAC FM, a participar no programa de radio “Recendo”, da Asociación Cultural Alexandre Bóveda “Recendo”, que se emite todos os martes de 19 a 20 horas.

5 decembro: adhesión á campaña “Que se vexa que temos Patrimonio” proposta pola asociación O Sorriso de Daniel á Rede Patrimonio Cultural; é unha campaña para reivindicar visibilidade para o noso patrimonio cultural na CRTVG.


Ano 2019

No ámbito xeral do traballo da asociación, sinalar o mantemento e ampliación da base de datos de identificación de publicacións relacionadas co patrimonio industrial, de libre acceso no portal de Buxa na web e que supera as 1.400 referencias bibliográficas.

Continuouse tamén coa realización, dixitalización e publicación no portal de Buxa na web de outras 24 fichas máis de cadanseu elemento do Patrimonio Industrial de Galicia, que suma xa as 549 fichas no seu Inventario.

Mantemento e ampliación da sección exclusiva para socios no portal de Buxa na web (https://www.asociacionbuxa.com), que suma xa os 60 documentos.

No canto do número de beneficiarios dos servizos da asociación, malia que non é de doada cuantificación, pola gratuidade dalgúns servizos e o seu libre acceso vía web (biblioteca, documentos e inventario), contabilizáronse unhas 1.000 sesións mensuais cunhas 2.333 páxinas vistas ao mes. Consonte os rexistros de Google Analytics, no ano houbo un total de 12.001 sesións e 27.995 páxinas vistas, con 1.242 usuarios habituais (o 11’8% do total de 10.520 visitantes). Rexistrouse un máximo de 79 usuarios o 22 de maio (mércores) e un mínimo de 12 usuarios o 9 de febreiro (sábado) e o 31 de decembro (martes).

Dende o comezo da súa existencia na Internet (29 de xaneiro do 2009), o portal de Buxa ten rexistradas 92.466 sesións, con 308.224 páxinas vistas e 2.525 usuarios habituais (o 11’7% do total de visitantes). O tempo medio foi de 2 minutos e 25 segundos por sesión, con 3’33 páxinas vistas por sesión.

Tódolos socios de Buxa (31 no ano 2019) teñen dereito ao acceso exclusivo á documentación relacionada co patrimonio industrial que se recolle nun apartado específico (“Só socios”) do devandito portal web.

2 xaneiro: invitación no Pazo da Cultura de Pontevedra á xornada “Memoria industrial en Galicia”, arredor da obra gráfica de Xosé Chas.

13 xaneiro: entrega de cinco paneis expositivos feitos para a Fundación Patrimonio Industrial Andaluz (FUPIA) (Asociación de Ingenieros Industriales de Andalucía Occidental) para a súa publicación pola Comisión de Patrimonio Industrial no portal web da Federación de Asociaciones de Ingenieros Industriales de España (FAIIE).

21 xaneiro: reunión de coordinación con Alejandro Diéguez para a presentación de solicitudes de axuda ao programa ‘O teu Xacobeo’.

22 xaneiro: reunión no Museo do Mar de Galicia co seu director, para perfilar os termos da actividade de reconstrución do bote tradicional irlandés ‘Naomh Gobnait’.

30 xaneiro: publicación das bases do “Premio de investigación Buxa 2019”.

1 febreiro: para a preparación dunha novela sobre o tema, envío ao escritor Alfredo Conde dos enlaces das publicacións sobre a viaxe do ‘Naomh Gobnait’.

2 febreiro: reunión con Alfredo Conde Cid na súa casa de Estrar (Santa María dos Ánxeles, Brión) para comezar unha colaboración na que Buxa aportará información sobre a peregrinación de catro irlandeses nun bote de remos dende Dublín ata Santiago de Compostela.

26 febreiro: para a preparación dunha novela sobre o tema, entrega ao escritor Alfredo Conde do relato do primeiro ano da viaxe do ‘Naomh Gobnait’.

4 marzo: para a preparación dunha novela sobre o tema, entrega ao escritor Alfredo Conde do relato do segundo ano da viaxe do ‘Naomh Gobnait’.

9 marzo: para a preparación dunha novela sobre o tema, entrega ao escritor Alfredo Conde do relato do terceiro ano da viaxe do ‘Naomh Gobnait’ e do seu epílogo.

22 marzo: presentación do número 25 da revista ‘Galegos’, na que se recolle o relato do proxecto de Buxa arredor da aventura do ‘Naomh Gobnait’ e anunciase a exposición que con tal motivo vai facerse no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

3 abril: presentación no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, do proxecto “Camiño por mar”, que vai comezar coa reparación do ‘Naomh Gobnait’, un bote tradicional no que catro peregrinos irlandeses fixeron a peregrinación dende Dublin ata Santiago de Compostela.

13 abril: emisión na Televisión de Galicia dunha reportaxe sobre o proxecto ‘Naomh Gobnait’, con entrevistas a Liam Holden e Pádraig Ó Duinnín, que levarán a termo a reconstrución do bote, e ao seu anfitrión, Manuel Lara, presidente de Buxa.

25 abril: entrevista de Eva Millán para Radio Voz, co motivo da conferencia do presidente de Buxa sobre a “Historia industrial de Vigo”.

25 abril: reunión en Vigo con Joaquín Julio Valeiras Sánchez para analizar as posibilidades de publicación do seu traballo sobre “Santa Clara, la porcelana de España. Historia del grupo de empresas Álvarez”.

25 abril: relatorio “Historia industrial de Vigo”, na Delegación do Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia en Vigo.

2 maio: participación na mesa de expertos para o proxecto de Caldas sobre a definición dun plan de usos na contorna da Fervenza de Segade.

31 maio: participación na “Cuarta Andaina Industrial, de Praia Pescadoira a Praia Mourisca”, co gallo do Día Internacional dos Museus e grazas ao Museo Anfaco da Industria Conserveira, percorrendo desta volta as pegadas da industria na contorna de Bueu.

7 xuño: acto inaugural da exposición “O Camiño por mar”, no Museo do mar de Galicia, en Vigo.

11 xuño: relatorio “Historia industrial de Ferrol”, para a Asociación Cultural Lugo Patrimonio, no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.

13 xuño: presentación en Sevilla da publicación “Patrimonio industrial: pasado, presente y futuro”, que recolle as actas do II Congreso Internacional de Patrimonio Industrial y Obra Pública, coa inclusión da titulada “Nuevas rutas culturales: el patrimonio industrial visto desde el mar”, aportada por Manuel Lara, como presidente de Buxa.

17 xuño: participación na segunda reunión da mesa de expertos do proxecto de Caldas sobre a definición dun plan de usos na contorna da Fervenza de Segade, promovido polo Instituto para o crecemento sostible da empresa (ICSEM).

17 xuño: publicación do artigo “O Camiño por mar / The Camino by sea exhibition” na revista en liña Shamrocks & Shells, da Sociedade Irlandesa do Camiño (Camino Society Ireland).

22 xuño: visita guiada polo patrimonio industrial da ría de Ferrol para a Asociación Cultural Lugo Patrimonio.

24 xuño: inauguración do Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (MUVICLA), na Casa de Vázquez de Trasliste (Láncara, Lugo).

26 xuño: presentación da publicación “Patrimonio mineiro de Galicia”, realizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia, que contou coa colaboración de Buxa na súa redacción e ilustración.

28 xuño: celebración do “Día da conserva”, no Museo ANFACO da industria conserveira (Vigo).

2 xullo: participación na terceira reunión da mesa de expertos do proxecto de Caldas sobre a definición dun plan de usos na contorna da Fervenza de Segade, promovido polo Instituto para o crecemento sostible da empresa (ICSEM).

4 de xullo: entrega de cinco paneis expositivos feitos para a Asociación de Ingenieros Industriales de Bizkaia para a súa publicación pola Comisión de Patrimonio Industrial no portal web da Federación de Asociaciones de Ingenieros Industriales de España (FAIIE).

14 de agosto: entrega de cinco paneis expositivos feitos para a Asociación en Defensa de las Chimeneas y el Patrimonio Industrial de Málaga (Asociación de Ingenieros Industriales de Andalucía Oriental) para a súa publicación pola Comisión de Patrimonio Industrial no portal web da Federación de Asociaciones de Ingenieros Industriales de España (FAIIE).

27 de agosto: entrevista realizada por Antía Díaz para Radio Voz sobre o patrimonio industrial e a súa conservación.

3 de setembro: entrevista realizada por Lourdes Abuíde para Onda Cero sobre a exposición “O Camiño por mar”.

4, 5 e 6 de setembro: exposición “Camiño por mar” na sala de exposicións do concello de Lourenzá (Lugo).

11 de setembro: preparación para a Asociación Cultural Lugo Patrimonio dunha ruta polo patrimonio industrial de Celeiro e Viveiro.

11, 12, 13, 14, 15, 16, 17 e 18 de setembro: traballos finais na restauración do bote irlandés ‘Naomh Gobnait’ na exposición “O Camiño por mar”, no Museo do mar de Galicia (Vigo).

21 e 22 de setembro: participación na campaña “Que se vexa o patrimonio”, promovida pola Rede do Patrimonio Cultural de Galicia. Buxa incorporou no seu perfil de Facebook vinte fotografías de diferentes elementos do patrimonio industrial, que lograron un total de 3.683 persoas alcanzadas.

25, 26 e 27 de setembro: exposición “Camiño por mar” no edifício de usos múltiples “Casa da Irmandade”, do concello de Sobrado (A Coruña).

10, 11 e 12 de outubro: exposición “Camiño por mar” na sala de exposicións do concello de Pontecesures (Pontevedra).

19 de outubro: participación na segunda campaña “Que se vexa o patrimonio”, promovida pola Rede do Patrimonio Cultural de Galicia. Buxa incorporou no seu perfil de Facebook vinte novas fotografías de diferentes elementos do patrimonio industrial, que lograron un total de 4.913 persoas alcanzadas.

29 de outubro: reunión no Axuntamento de Valga co seu Alcalde, José María Bello Maneiro, para preparar un informe sobre a pertinencia da declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) do funicular aéreo para o transporte da arxila dende a Mina Mercedes ata as instalacións da fábrica de cerámica Novo y Sierra.

5 de novembro: entrega na Axencia Turismo de Galicia da documentación final do Proxecto Naomh Gobnait.

8 novembro: recorrido co técnico do concello de Valga pola traza do funicular aéreo de Novo y Sierra, para toma de datos e realización de fotografías.

19 novembro: presentación na alcaldía do concello de Valga do documento “Funicular de transporte aéreo de materiais da compañía ‘Novo y Sierra’. Recuperación do patrimonio histórico-cultural mineiro”.

21 novembro: colaboración co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación de Redondela na elaboración do inventario e catálogo de elementos patrimoniais a protexer no termo municipal.

27 de novembro: taller de traballo en colaboración sobre como afrontar o turismo industrial, celebrado na sede de Fundamar, en Vigo, no marco do Segundo Congreso de Turismo Industrial Galicia Norte de Portugal.

28 de novembro: participación moderando a mesa “Valorización turística do patrimonio industrial: redes e museos” no marco do Segundo Congreso de Turismo Industrial Galicia Norte de Portugal, celebrado no Museo do mar de Galicia, en Vigo.

18 de decembro: presentación na libraría Kathedra, en Ourense, do libro “Homes de ferro”, en compaña do autor, Alfredo Conde, e o editor, Alejandro Diéguez.

26 de decembro: presentación no Museo do mar de Galicia, en Vigo, do libro “Homes de ferro”, en compaña do autor, Alfredo Conde, o editor, Alejandro Diéguez, e o Secretario Xeral da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Valentín García.

26 de decembro: presentación de solicitude de axuda para o proxecto “Camiño por mar” ao programa ‘O teu Xacobeo’ da Axencia Turismo de Galicia.

27 de decembro: presentación na libraría Cronopios, en Santiago, do libro “Homes de ferro”, en compaña do autor, Alfredo Conde, e o editor, Alejandro Diéguez.


Ano 2020

No ámbito xeral do traballo da asociación, sinalar o mantemento e ampliación da base de datos de identificación de publicacións relacionadas co patrimonio industrial, de libre acceso no portal de Buxa na web e que supera as 1.610 referencias bibliográficas.

Continuouse tamén coa realización, dixitalización e publicación no portal de Buxa na web de outras 82 fichas máis de cadanseu elemento do Patrimonio Industrial de Galicia, que suma xa 631 fichas no seu Inventario.

Mantemento e ampliación da sección exclusiva para socios no portal de Buxa na web (https://www.asociacionbuxa.com), que suma xa os 79 documentos.

No canto do número de beneficiarios dos servizos da asociación, malia que non é de doada cuantificación, pola gratuidade dalgúns servizos e o seu libre acceso vía web (biblioteca, documentos e inventario), contabilizáronse unhas 1.290 sesións mensuais cunhas 3.097 páxinas vistas ao mes. Consonte os rexistros de Google Analytics, no ano houbo un total de 15.484 sesións e 37.167 páxinas vistas, con 1.538 usuarios habituais (o 11’9% do total de 12.893 visitantes). Rexistrouse un máximo de 118 usuarios o 22 de novembro (domingo) e un mínimo de 14 usuarios o 24 de decembro (xoves).

Dende o comezo da súa existencia na Internet (29 de xaneiro do 2009), o portal de Buxa ten rexistradas 107.950 sesións, con 345.391 páxinas vistas. O tempo medio foi de 2 minutos e 23 segundos por sesión, con 3’20 páxinas vistas por sesión.

Tódolos socios de Buxa (29 no ano 2020) teñen dereito ao acceso exclusivo á documentación relacionada co patrimonio industrial que se recolle nun apartado específico (“Só socios”) do devandito portal web.

2 de xaneiro: presentación da solicitude de axuda para o proxecto “Camiño por mar” ao programa ‘O teu Xacobeo’ da Axencia Turismo de Galicia.

7 de xaneiro: entrevista de Eva Millán para Radio Voz, cun repaso ás actividades desenvolvidas por Buxa e a presentación dos novos proxectos sobre o “Camiño por mar”.

14 de xaneiro: presentación na libraría Cronopios, en Pontevedra, do libro “Homes de ferro” e da súa versión en castelán, “Hombres de hierro”, en compaña do autor, Alfredo Conde, e o editor, Alejandro Diéguez.

20 de xaneiro: apoio á conservación das baterías dos fornos de coque de ENSIDESA en Avilés, promovida polo Centro de Estudios del Alfoz de Gauzón (CEAG).

23 de xaneiro: presentación na libraría Biblos, en Betanzos, do libro “Homes de ferro” e da súa versión en castelán, “Hombres de hierro”, en compaña do autor, Alfredo Conde, e o editor, Alejandro Diéguez.

24 de xaneiro: entrevista de Alberto Varela para Radio COPE, cun repaso ás actividades desenvolvidas por Buxa e a presentación dos novos proxectos sobre o “Camiño por mar”.

24 de xaneiro: presentación na libraría Follas Novas, en Vilagarcía, do libro “Homes de ferro” e da súa versión en castelán, “Hombres de hierro”, en compaña do autor, Alfredo Conde, e o editor, Alejandro Diéguez.

8 de febreiro: xuntanza en Santiago do comité de redación da revista Nova Ardentía, editada pola Federación Galega de Patrimonio Marítimo e Fluvial (Culturmar).

11 febreiro: preparación das láminas sobre o patrimonio industrial de Galicia, Biscaia, Andalucía Oriental e Andalucía Occidental para a súa publicación na revista “Dyna, Ingeniería e Industria”.

12 de febreiro: presentación no Club Náutico San Telmo, en Tui, do libro “Homes de ferro” e da súa versión en castelán, “Hombres de hierro”, en compaña do autor, Alfredo Conde, e o editor, Alejandro Diéguez.

13 de febreiro: reunión co socio Alberto Martínez Pintos e entrevista vía Skype con Elena Fernández, da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) para tratar da colaboración en futuras rutas marítimas do patrimonio industrial.

20 de febreiro: presentación na libraría Miranda, en Bueu, do libro “Homes de ferro” e da súa versión en castelán, “Hombres de hierro”, en compaña do autor, Alfredo Conde, e o editor, Alejandro Diéguez.

21 de febreiro: entrevista coa periodista Olaia Tubío para unha reportaxe sobre a industria baleeira en Galicia no xornal “Nós Diario”, e colaboración no seu Traballo Fin de Master sobre a Azucreira de Padrón.

27 de febreiro: presentación na libraría Arenas, n’A Coruña, do libro “Homes de ferro” e da súa versión en castelán, “Hombres de hierro”, en compaña do autor, Alfredo Conde, e o editor, Alejandro Diéguez.

28 de febreiro: colaboración con Olaia Tubío no seu Traballo Fin de Master sobre a Azucreira de Padrón.

5 de marzo: presentación na libraría Lenda, en Bertamiráns, do libro “Homes de ferro” e da súa versión en castelán, “Hombres de hierro”, en compaña do autor, Alfredo Conde, e o editor, Alejandro Diéguez.

29 de maio: comezan a publicarse na revista Dyna (www.revistadyna.com) as fichas realizadas por Buxa para a Asociación en Defensa de las Chimeneas y el Patrimonio Industrial de Málaga.

2 de xuño: participación na campaña de apoio á conservación do sanatorio do poboado mineiro de Bustiello (Asturias).

10 de xuño: comunicación da continuación do procedemento da solicitude de axuda para o proxecto “Camiño por mar”, presentado ao programa ‘O teu Xacobeo’ da Axencia Turismo de Galicia.

15 de xuño: apoio a solicitude do Selo de Patrimonio Europeo para a enseada de Rande, promovida pola “Asociación Rande Patrimonio Europeo” (ARPE).

29 de xullo: comezan a publicarse na revista Dyna (www.revistadyna.com) as fichas sobre o patrimonio industrial vasco realizadas por Buxa para a Asociación de Ingenieros Industriales de Bizkaia.

25 de agosto: presentación na terraza dos magnolios do Pazo de Fefiñáns (Cambados) do número 12 da revista ‘Nova Ardentía’, editada pola Federación Galega de Patrimonio Marítimo e Fluvial (Culturmar), na que se recolle o segundo capítulo do traballo realizado sobre os muíños de marea en Galicia.

1 de setembro: comezo da colaboración con “Patrimonio Industrial de Fabricación” (PATRIF), un Grupo de Traballo da Sociedade de Enxeñería de Fabricación (SIF), creado no ano 2013 e formado por un conxunto dos seus socios, que ten como misión recoñecer, estudar e poñer en valor, no ámbito do coñecemento, elementos do patrimonio industrial español vinculados á Enxeñería de Fabricación.

2 de setembro: revisión da primeira proba do libro “Luís Rei (1960-2015), farol perpetuo na néboa”, editado pola Federación Galega de Patrimonio Marítimo e Fluvial (Culturmar).

24 de setembro: revisión da derradeira proba do libro “Farol perpetuo na néboa. Luís Rei e a cultura marítima”, preparado por Emilio Xosé Ínsua e Francisco Fernández Rei, e editado pola Federación Galega de Patrimonio Marítimo e Fluvial (Culturmar).

25 de setembro: colaboración con Paula Martínez Díaz na súa preparación dun traballo sobre o oficio dos cabaqueiros e sobre as telleiras.

29 de setembro: comezan a publicarse na revista Dyna (www.revistadyna.com) as fichas sobre o patrimonio industrial andaluz realizadas por Buxa para a Fundación Patrimonio Industrial de Andalucía.

5 de outubro: colaboración con Elena Portela, da Produtora Faro, na súa preparación dun programa para a Televisión de Galicia sobre a presencia da muller ao fronte da industria galega.

6 de outubro: inicio colaboración coa Concellaría de Cultura, o Departamento de Patrimonio e o Departamento de Seguridade do Concello de Ferrol na elaboración do catálogo dos bens patrimoniais de dito concello (contacto: Santiago Troitiño, coordinador de seguridad del Concello de Ferrol, ex alumno máster prevención riesgos laborales / cómo hacer dicho inventario de la forma más correcta posible reclamo y ayuda para todo aquel que quiera visitar primando la seguridad)

3 de novembro: participación na campaña de petición da retirada do irracional proxecto de ampliación da carreteira a San Pedro de Rocas “para que collan autobuses máis grandes”.

4 de novembro: entrevista con María Caldeiro, de Fundamar, para a posta en marcha do proxecto chamado Recaladas, no ámbito do Xacobeo 2021.

11 de novembro: reunión por videoconferencia con María Caldeiro e Patricia Leirós, de Fundamar, Julián Sobrino, da Universidade de Sevilla, Xoán Carmona, da Universidade de Santiago, e Iria Sobrino, para a definición do alcance do proxecto chamado Recaladas, no ámbito do Xacobeo 2021.

3 de decembro: oferta de colaboración no proxecto Rede de investigación, conservación e promoción do patrimonio marítimo do territorio do Grupo de Acción Local Pesqueiro “Ría de Vigo – A Guarda”, patrocinado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca da Unión Europea.

15 de decembro: conversa con dona Paz Varela Campos, da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais (Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia), para o estabelecemento dun acordo de colaboración co instituto de Bertamiráns (profesora María Isabel Cobas Fernández) para un seminario sobre o patrimonio industrial, con visita ao Pazo do Faramello no contexto do Proxecto Educación Patrimonial (curso 2020-2021).

29 de decembro: entrega a Ensenada de Ézaro Ediciones da versión da novela de Alfredo Conde “Homes de ferro” traducida ao inglés como “Iron men… in wooden boats”.


Ano 2021

No ámbito xeral do traballo da asociación, sinalar o mantemento e ampliación da base de datos de identificación de publicacións relacionadas co patrimonio industrial, de libre acceso no portal de Buxa na web e que supera as 1.690 referencias bibliográficas.

Continuouse tamén coa realización, dixitalización e publicación no portal de Buxa na web de outras 57 fichas máis de cadanseu elemento do Patrimonio Industrial de Galicia, co que xa son 688 as fichas dispoñibles no Inventario.

Mantemento e ampliación da sección exclusiva para socios no portal de Buxa na web (https://www.asociacionbuxa.com), que suma agora 100 documentos.

No canto do número de beneficiarios dos servizos da asociación, malia que non é de doada cuantificación, pola gratuidade dalgúns servizos e o seu libre acceso vía web (biblioteca, documentos e inventario), contabilizáronse unhas 1.194 sesións mensuais cunhas 3.086 páxinas vistas ao mes. Consonte os rexistros de Google Analytics, no ano houbo un total de 14.330 sesións e 37.038 páxinas vistas, con 1.572 usuarios habituais (o 13’1% do total de 12.008 visitantes). Rexistrouse un máximo de 127 usuarios o 1 de agosto (domingo) e un mínimo de 13 usuarios o 10 de novembro (mércores).

Dende o comezo da súa existencia na Internet (29 de xaneiro do 2009), o portal de Buxa ten rexistradas 122.280 sesións, con 382.429 páxinas vistas. O tempo medio foi de 2 minutos e 23 segundos por sesión, con 3’13 páxinas vistas por sesión.

Tódolos socios de Buxa (29 no ano 2021) teñen dereito ao acceso exclusivo á documentación relacionada co patrimonio industrial que se recolle nun apartado específico (“Só socios”) do devandito portal web.

Continuaron a publicarse nos seis números que a revista “Dyna, Ingeniería e Industria” (www.revistadyna.com) edita cada ano as fichas sobre o patrimonio industrial español, das que vinte dun total de trinta e cinco foron realizadas por Buxa en colaboración coas respectivas Asociacións de Enxeñería Industrial de Andalucía Occidental, Andalucía Oriental, Bizcaia e Galicia.

20 de xaneiro: conversa telefónica coa profesora María Isabel Cobas Fernández , actualmente exercendo no Instituto de Ensino Superior Plurilingüe de Ames, para unha presentación ao seu alumnado sobre a historia industrial no termo municipal de Ames.

21 de xaneiro: reunión, por videoconferencia, do grupo de traballo do proxecto Recaladas (María Caldeiro e Patricia Leirós, de Fundamar; Julián Sobrino, da Universidade de Sevilla; Xoán Carmona, da Universidade de Santiago; Iria Sobrino, de Norcommon; e Manuel Lara, de Buxa) para o inicio do mesmo.

3 de febreiro: reunión, por videoconferencia, do grupo de traballo do proxecto Recaladas para a revisión do portal web preparado para o proxecto.

17 de febreiro: reunión, por videoconferencia, de lanzamento do proxecto Recaladas.

3 de marzo: videoconferencia do comité do proxecto Recaladas para revisión do dosier documental, definición da metodoloxía do traballo de campo e do sistema de comunicación entre participantes, e actualización das candidaturas recibidas.

28 de marzo: revisión co consello de redacción da revista Nova Ardentía do estado de confección do número 13 da mesma.

7 de abril: colaboración no Traballo Fin de Grado de María Laíño Vázquez sobre a industria conserveira en Galicia.

8 de abril: videoconferencia do comité do proxecto Recaladas para revisión das candidaturas recibidas e criterios de valoración das mesmas.

15 de abril: contacto da Autoridade Portuaria de Vigo para valorar a restauración de maquinaria portuaria para súa posterior musealización; trátase dunha prensa e catro grupos electróxenos procedentes de faros. Interesa igualmente a restauración de dous tractores e unha varredora, tamén para musealización, valorándose a posibilidade de posta en funcionamento. A maquinaria atópase na nave de talleres (Muelle de Arenal), xunto ao centro social.

19 de abril: entrevista coa periodista Mila Méndez Otero para preparar unha reportaxe sobre a industria cervexeira en Galicia no xornal “La Voz de Galicia”.

23 de abril: videoconferencia do comité do proxecto Recaladas para a toma de decisións sobre as candidaturas recibidas, formación dos dous equipos e establecemento de datas para o desenvolvemento do traballo.

29 de abril: colaboración con E-Faith (plataforma europea para o intercambio de ideas e experiencias de voluntarios e asociacións relacionadas co patrimonio industrial e técnico) sobre o patrimonio ferroviario, con motivo do Ano Europeo do Ferrocarril.

10 de maio: videoconferencia do comité do proxecto Recaladas para a posta ao día no desenvolvemento do traballo.

10 de maio: charla no Instituto de Ensino Superior Plurilingüe de Ames “Da agricultura á industria”, convidado pola profesora María Isabel Cobas Fernández no marco do Proxecto Educación Patrimonial (curso 2020-2021), promovido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia (interlocución con dona Paz Varela Campos, da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais).

19 de maio: reunión na nave de talleres do porto de Vigo co enxeñeiro industrial Daniel Fontenla Portas, responsable de mantemento da Autoridade Portuaria de Vigo, para revisar maquinaria portuaria obsoleta e avaliar as posibilidades de restauración da mesma con fins expositivos e museísticos.

20 de maio: colaboración con “Aqueladas, Sociedade Cooperativa” na identificación dunha localización para a rodaxe dunha serie de ficción para televisión.

24 de maio: aporte de información a Diego Mayo Mayo sobre a fábrica dos irmáns Legarda para a “Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva Esteirana”.

31 de maio: colaboración con Silvia Cernadas co aporte de información e imaxes sobre a fábrica de Carburos Laforet en Arcade (ficha 270), para a elaboración dun panel informativo para o edificio rehabilitado da dita fábrica.

3 de xuño: envío ao periodista Miguel Cabero López de documentación referente á reconstrución do bote irlandés “Naomh Gobnait” e da peripecia que levouno ata alí.

7 de xuño: videoconferencia do comité do proxecto Recaladas para a definición final do programa de actividades (30 de agosto a 5 de setembro), e dos dous equipos que participarán no proxecto.

14 de xuño: videoconferencia de presentación ao comité do proxecto Recaladas das doce persoas seleccionadas que participarán no mesmo.

19 de xuño: remisión a Carmen Llantada Díaz de información sobre a mina de ouro de Cobas para a posible realización dunha guía para visitar a zona.

24 de xuño: colaboración con Ramiro Mel Fraga na recuperación dunha das vivendas do poboado mineiro de A Silvarosa para transformalo en aloxamento rural.

29 de xuño: reunión en Vigo con Manuel Molina e Joaquín Valeiras para as revisións finais do libro deste último sobre as empresas de vidro e cerámica de Moisés Álvarez O’Farrill.

29 de xuño: colaboración con David Ramos, de “Consultoría de Ingeniería, Medioambiente y Arquitectura (CIMARQ) en la redacción de la contextualización histórica del funicular de Valga.

8 de xullo: revisión final dos textos para o Caderno de Bitácora da ría de Arousa, preparado pa FUNDAMAR no contexto do programa Recaladas no Camiño.

12 de xullo: segundo encontro telemático de coordinación cos equipos de Recaladas no Camiño.

14 de xullo: colaboración con Daniel Lucas Teijeiro Mosquera na preparación do seu traballo de Tese Doutoral sobre “A fundición artística en Galicia: fábricas e produción desde o século XIX ata a guerra civil”.

14 de xullo: publicación no blog “Soñando navíos” (http://caberomiguel.blogspot.com/2021/07/esta-historia-acaba-mal.html) da colaboración co periodista Miguel Cabero López, sobre a reconstrución do bote irlandés “Naomh Gobnait” e da peripecia que levouno ata o Museo do mar de Galicia, en Vigo.

16 de xullo: adhesión á presentación conxunta dun total de vinte tres entidades vinculadas ao patrimonio industrial de alegacións ao anteproxecto de revisión da Lei de Patrimonio Histórico Español, presentada por TICCIH-España.

17 de xullo: participación na presentación na campa de Seilán (Noia) da revista Terra de Outes.

26 de xullo: terceiro encontro telemático de coordinación cos equipos de Recaladas no Camiño.

3 de agosto: reunión telemática con Enrique Ares, profesor da Escola de Enxeñaría de Vigo e membro do Grupo de Traballo “Patrimonio Industrial de Fabricación” (PATRIF), da Sociedade de Enxeñería de Fabricación (SIF), para orientalo no comezo das súas pescudas sobre a historia industrial das terras de Salvaterra.

4 de agosto: remate da revisión da primeira parte do libro de Joaquín Valeiras sobre as empresas de vidro e cerámica de Moisés Álvarez O’Farrill.

23 de agosto: cuarto encontro telemático de coordinación cos equipos de Recaladas no Camiño e preparación do comezo das xornadas.

30 de agosto: coa asistencia de Buxa, comezan en Vigo as xornadas itinerantes de traballo do proxecto Recaladas no Camiño, que durarán toda a semana.

5 de setembro: rematan en Carril as xornadas itinerantes de traballo do proxecto Recaladas no Camiño.

6 de setembro: revisión e entrega da oferta preparada para a Autoridade Portuaria de Vigo por “Outros Adaxes, S.L.” para a restauración dun dos dous tractores portuarios con fins expositivos e museísticos.

17 de setembro: remate da revisión do libro de Joaquín Valeiras sobre as empresas de vidro e cerámica de Moisés Álvarez O’Farrill.

18 de setembro: presentación no Círculo Recreativo de Chantada, xunto co autor, do libro de Claudio Otero Eiriz “A industria galega dos curtumes: pegadas dun patrimonio cultural sobranceiro”.

24 de setembro: participación na presentación do documental Memorias en Conserva que a Universidade Popular de A Illa de Arousa estivo a elaborar xunto co Concello de A Illa de Arousa a través da Federación Española de Universidades Populares.

29 de setembro: participación na conferencia final do proxecto Recaladas no Camiño, celebrada en Vigo, e colaboración moderando a mesa redonda “Preservar, Valorizar e Dinamizar o Patrimonio Marítimo Pesqueiro”.

9 de outubro: participación na presentación no Museo da Salga, en Punta Moreiras (O Grove), do número 13 da revista Nova Ardentía, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (CULTURMAR).

13 de outubro: visita ás oficinas e instalacións industriais da central termoeléctrica da “Empresa Nacional de Electricidad, S.A.” (ENDESA), hoxe Endesa Generación, en As Pontes de García Rodríguez, para identificar aqueles elementos merecedores de conservación como parte da memoria industrial do país. A visita foi realizada por pedimento da Consellaría de Cultura do Consello e da Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume ante o inminente inicio do desmantelamento das instalacións.

14 de outubro: entrega do prólogo para o libro de Claudio Otero Eiriz e Antonio Paz Vázquez “As industrias da auga no concello de Chantada. Os muíños e as outras instalacións tradicionais fabrís”.

15 de outubro: participación na presentación no Salón de Plenos do Concello de A Guarda, do número 13 da revista Nova Ardentía, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (CULTURMAR).

22 de outubro: participación na presentación no Ateneo de Ferrol do número 13 da revista Nova Ardentía, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (CULTURMAR).

23 de outubro: participación na presentación no local da Asociación Dorna, na Illa de Arousa, do número 13 da revista Nova Ardentía, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (CULTURMAR).

27 de outubro: invitación de Rafael García García, Director del Aula de Gestión e Intervención del Patrimonio de la Arquitectura y la Industria (G+I_PAI) de la Universidad Politécnica de Madrid, para participar na novena edición dos seus Seminarios anuais de Patrimonio Industrial.

28 de outubro: reunión en Os Ánxeles (Brión) con Manuel Molina e Joaquín Valeiras para as revisións definitivas do libro deste último sobre as empresas de vidro e cerámica de Moisés Álvarez O’Farrill.

5 de novembro: participación na presentación no local cultural do Concello de Muros, do número 13 da revista Nova Ardentía, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (CULTURMAR).

12 de novembro: participación na presentación no local cultural do Concello de Cambados, do número 13 da revista Nova Ardentía, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (CULTURMAR).

18 de novembro: reunión no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, con el señor Lorcán Ó Cinnéide, director do Great Blasket Centre, en Dunquin (Peninsula de Dingle, Condado de Kerry, Irlanda), un museo patrimonial e centro cultural edificado en memoria da comunidade que viviu nas illas Blasket ata que foron evacuados en 1953. Coa presencia de Marta Lucio, directora do museo, e Vicente Caramés, responsable de conservación do mesmo, acordouse preparar un borrador de acordo para a celebración no museo de Dunquin e no de Vigo, no ano 2023, dunhas xornadas sobre as conexións entre Irlanda e Galicia.

18 de novembro: participación na presentación no local cultural do Concello de Ames, do número 13 da revista Nova Ardentía, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (CULTURMAR).

19 de novembro: participación na presentación no local cultural do Concello de Boiro, en Cabo da Cruz, do número 13 da revista Nova Ardentía, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (CULTURMAR).

20 de novembro: reunión no Instituto da Lingua Galega, en Santiago de Compostela, do consello de redacción da revista Nova Ardentía, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (CULTURMAR), para a preparación do número catorce.

4 de decembro: participación na presentación no Museu Maritimo de Esposende, do número 13 da revista Nova Ardentía, editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (CULTURMAR).

21 de decembro: contacto da arqueóloga municipal de Noia, Ana Isabel Filgueiras Rei, proporcionado polo profesor da USC Juan Manuel Monterroso Montero, para tentear a posibilidade de colaboración con Justino Fernández Negral nun un estudo sobre un curtidoiro co fin de acometer unha actuación arquitectónica no mesmo.