Colaboración

Unha xuntanza prometedora baixo o criterio de traballar compartindo o que nos une

A fábrica de acoirazados

Atópase xa á venda o espléndido traballo de José María de Juan-García Aguado “La fábrica de acorazados: la Sociedad Española de Construcción Naval en Ferrol (1909-1936)”, no que esta asociación participou para facer posible a súa publicación.

Curtidoiro de Boo

Da notable industria do curtume que houbera en Chantada, o curtidoiro que fora de Antonio Boo, máis coñecido como “o curtidoiro do merluza”, é o único que sobrevive ao afán demoledor dos nosos tempos.

Matadoiro municipal de Lugo

A xentileza e amabilidade do profesor Emilio Valadé del Río achegounos información do recuperado Matadoiro Municipal de Lugo, hoxe Sala de Exposicións da Porta Miñá, porta do Miño ou do Carme na muralla bimilenaria. Nesta semana completaremos a ficha correspondente

Terra e lume na ría de Ferrol

Atópase xa á venda nas librarías o espléndido traballo de Justino Fernández Negral, recollido nun coidado volume editado por “Ensenada de Ézaro Ediciones”. Os nosos asociados están xa a recibir como merecido agasallo este o noso primeiro libro.

Experiencia industrial n’As Pontes

Por cortesía do Concello de As Pontes, e da man de DELOGA, empresa creadora do proxecto “As Pontes Experiencia Industrial”, fomos convidados a participar na última visita guiada desta xeira. Nesta volta a empresa visitada foi Galparquet, do grupo empresarial

Granxa das Salinas

Esta impresionante pegada da noutrora fecunda actividade na Enseada de San Simón está a espera dunha intervención que garanta o seu futuro.

Premio de Investigación Buxa 2015

Neste Ano do Patrimonio Industrial e Técnico Europeo, Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial convoca o Premio de Investigación Buxa 2015. As bases pódense consultar aquí.

Fundición de Alemparte

Da que fora herdeira sobranceira da sabedoría fundidora de Sargadelos non quedan senón as paredes. «Fábrica de Fundición / de don Antonio Alemparte. trabállase aquí con arte, / con esmero e perfección. Potes, potas e caldeiros, / estufas, bombas, xarróns