004 Muíño das Mareas ou Muíño do Pozo Cachón

Galería de Fotos

VerVerVerVerVerVer
  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Muros
  • Parroquia: Serres
  • Lugar: Acea
  • Paraxe: Ría de Muros e Noia
  • Dirección: Anido s/n - 15.259 - Serres
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.78725979488866
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -9.062272310256958
  • Coordeadas UTM: H 29 // X 495010.96 // Y 4737387.58
  • Clasificación: Muíño de mar
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría
  • Comarca: Muros
  • Marco Xeográfico: Ensenada de Muros
  • Ámbito: Rural
  • Acceso: Situado na entrada da capital municipal, no bordo da C-550 entrando dende Santiago de Compostela.

Tipo de propiedade:

Municipal

Visitable:

Si

Historia:

Ignacio Pérez Bazarra era natural de Muros, emigrou a América e ao seu regreso solicita construír “unos molinos harineros de maréa”, información recollida nunha copia de 1830 do plano do proxecto de construción cuxo orixinal (hoxe desaparecido) data do 15 de setembro de 1815.

O “Gremio del Mar de Muros" regalou ao Sr. Bazarra os terreos para que construíse o muíño. Con todo, houbo unha serie de problemas cun forasteiro, desterrado político que se apropiou destes terreos, pero finalmente a construción do muíño foi posible grazas ao interese do Gremio en que se levara adiante o proxecto.

Na década dos 30, crese que o muíño xa estaba abandonado e que foi comprado por Abelardo Dubert Siaba, fillo dun francés afincado en Muros. Outras fontes sitúan a compra cara ao ano 1890, polo que a data non é segura. Dubert encargouse de restauralo anexionándolle unha casa de baños.

En total o muíño tivo nove propietarios, sendo hoxe en día propiedade municipal. No ano 1990 iniciáronse as obras de restauración que foron rematadas en 2005. Hoxe acolle o Centro de Interpretación da Ruta dos Muíños da Costa da Morte.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado no casco urbán de Acea, ao fondo da ensenada. A zona recibe o nome de Agro das Mareas e o conxunto a Ponte dos Muíños.

Construcción:

Primeiro cuarto do século XIX (c. 1815).

Abandono:

Primeira metade do século XX (1915 - 1930).

Descrición:

Trátase dun conxunto de muíños de marés reunidos nunha única edificación, sendo un dos muíños da súa tipoloxía máis grandes de España.

É de planta rectangular alcanzando un gran desenvolvemento lonxitudinal, feito na parte inferior só con perpiaño e na superior combinado con cachote. Ten dúas portas de acceso e tres fiestras no muro onde ten as portas, catro no muro oposto e no lado estreito e extremo ten dúas superpostas.

Consta de dúas plantas, na baixa atopábanse as entradas da auga e na primeira situábanse as pedras de moer e unha lareira. A cuberta era a dúas augas, sotida por trabes de madeira. Hai que diferenciar a zona dos muíños propiamente dita e a parte que antigamente estivo dedicada a almacén. Nesta última, funcionaron a principios do século XX, por iniciativa de D. Alberto Dubert, os baños de Santa Rita, unha casa de baños especializada na curación de enfermidades a base de baños tépedos de algas e auga mariña.

Tempo de uso:

Máis en verán que en inverno.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas de millo.

Emprego:

Unha persoa que era a encargada de levar o muíño e vivía nel.

Materias Primas:

Millo.

Produtos Elaborados:

Fariñas de millo. A moenda era de dous ferrados de millo por muíño e por hora, un total de 216 quilos de fariña á hora cando traballaban todos á vez.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009