007 Muíño de Xuvia ou Muíños de Lestache

Galería de Fotos

VerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVer
  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Narón
  • Parroquia: Narón
  • Lugar: Narón
  • Paraxe: A Ponte de Xuvia
  • Dirección: Rúa San Roque, 5 
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.51711255832398
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.151887655258179
  • Coordeadas UTM: H 29 // X 568.500 // Y 4.818.750 // Z 2 m
  • Clasificación: Muíño de río
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría
  • Comarca: Ferrol
  • Marco Xeográfico: Ría de Ferrol
  • Ámbito: Urbano
  • Acceso: A uns vinte metros dende a vella estrada de Ferrol a Madrid, tamén chamada Estrada de Castela (C-641, km 620), collendo á esquerda no lugar de Xuvia ou rúa San Roque, antes de cruzar a ponte do Xuvia cara a Neda.

Tipo de propiedade:

Municipal

Visitable:

Si, exteriormente dado o estado de deterioro

Xestión de visitas:

Pódese visitar libremente. De desexar unha visita guiada chamar aos teléfonos 981891405 ou 670063279, ou contactar no correo mlara@asociacionbuxa.com

Historia:

Juan Lestache, “de nación francés”, quen no 1767 desembarcara en Ferrol un cargamento de trigo, iniciaba no ano 1775, asociado ao seu compatriota e tamén comerciante Francisco Bucau, a construción dun complexo industrial muiñeiro na marxe dereita do esteiro do río Xuvia. Catro muíños “de nueva invención” chegaran a sumar unha capacidade anual de moenda de setenta mil fanegas de trigo (uns tres millóns oitocentos oitenta e cinco mil litros, cun peso aproximado de tres millóns vinte e sete mil cincocentos quilogramos) que facía traer principalmente dende os portos cantábricos de La Requejada e Santander, os portos bálticos de Memel, Riga e San Petersburgo, e mesmo da distante Filadelfia alén os mares, ademais dos portos europeos de Roterdam, Hamburgo, Londres, Burdeos, Bayona, e Porto, entre outros portos de Francia, Inglaterra, Portugal e da propia Galicia. Ademais de con dilixentes axentes comerciais establecidos nos diversos portos de embarque, contaba para iso cun bergantín e unha fragata que fondeaban en Ferrol, dende cuxas augas unha lancha con cinco mariñeiros e mastro abatible transportaba os cereais ata o propio embarcadoiro dos muíños da ponte de Xuvia, cargando despois os barrís de fariña de volta a Ferrol para o consumo local e o subministro á armada e, dende 1793, para a súa expedición aos destinos ultramarinos.

Neste mesmo paraxe ribeirán, e aproveitando tamén a enerxía do río, complementara posteriormente a súa industria fariñeira cunha fábrica de papel e unha fábrica de curtidos.

Tras o seu abandono cara o ano 1970, a ruíña foise apoderando del.

O concello de Narón acometeu a súa expropiación, que lle foi finalmente concedida a finais do ano 2008. Está en estudo a súa recuperación.

O Muíño de Xuvia foi declarado Ben Protexido pola Xunta de Galicia, o 17 de decembro de 1998.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado no casco urbano de Xuvia, no límite dos termos municipais de Narón e Neda. Estero do río Xuvia, na marxe dereita e no límite de acción das mareas, que alcanza ata o mesmo pé da presa. En fronte e na marxe esquerda do río atópanse os que foran Reais Establecementos de presa. En fronte a na marxe esquerda do río atópanse os que foran Reais Establecementos de Xuvia (1790-1868), nos que se fabricaban pranchas de cobre e se acuñaba moeda, ata que no 1873 pasan a propiedade privada para rexurdir como centro téxtil aínda en funcionamento.

Construcción:

Finais do século XVIII (1775) polos comerciantes franceses Juan Lestache e Francisco Bucau ("cuatro molinos, con todos sus artefactos, almacenes y armadijo").

Abandono:

Segunda metade do século XX (1970).

Descrición:

Aínda que a planta é irregular, o núcleo do complexo resalta claramente, tratándose da única construción de planimetría regular. É unha edificación de planta rectangular e dúas alturas, construído con muros de cachotería moi ruín, recebada e caleada, deixando á vista os esquinais e marcos dos vans, onde se utilizan pezas regulares de cantería. Os vans deste corpo teñen arcos escarzanos, e a cornixa destaca especialmente, xogando cos ladrillos que a forman, dispoñéndose de xeito decorativo. Conta na planta térrea con dúas moas, as mesmas coas que conta un corpo apegado ao este, sobre o río. En torno ao patio que se abre ante esta construción central sitúanse os almacéns e a vivenda. Nun dos lenzos desta ábrese unha pequena galería, sobre canzorros, que noutro tempo sería un balcón, máis tarde transformado.

Tempo de uso:

Todo o ano, salvo estiaxes extremas do río Xuvia.

Sistema de produción:

Funcionamento hidráulico por medio de catro turbinas de regolfo.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas de trigo.

Emprego:

Non se dispón de datos, non sendo os cinco homes necesarios para o manexo da lancha. Cabe supoñer polo menos tres homes no muíño (muiñeiro, peneireiro e un axudante) e un no despacho. Débense ter tamén en conta os axentes comerciais espallados polos portos de intercambio comercial.

Materias Primas:

Trigo do país e de importación. Trigo importado do Báltico (portos de Memel, Riga e San Petersburgo), Atlántico europeo (portos de Rotterdam, Hamburgo, Londres, Burdeos, Bayona) e americano (porto de Filadelfia).

Produtos Elaborados:

Fariñas de trigo. A moenda era de setenta mil fanegas anuais, a metade de fariña flor e a outra de segunda sorte. Amais constrúense dous mil barrís anuais de sete arrobas e media cada un para enviar a fariña “a América e outras partes”.

Contaba con almacéns e tullas con cabida de dez ou doce fanegas de trigo.

Distribución e comercialización:

Comercialización ao menor e ao maior, en sacas e envasado en barrís ao baleiro para mellor conservación. Distribución e venda na comarca e no resto do país, e tamén exportación europea e ultramarina.

Referencias Bibliográficas:

Meijide Pardo, A.: "El empresarismo industrial del negociante francés J. Lestache en el Ferrol del siglo XVIII". Anuario Brigantino, 1997, num. 20, pp. 35-50.

Merlán Bollaín, E.; Pena Graña, A., Filgueira López, A.: Narón. Unha Historia Ilustrada na Terra de Trasancos. Narón: Bahía Edicións, 1995. ISBN 84-97674-77-1

Pena Graña, A.: “A muiñeiría industrial de Narón”. Primeiras Jornadas Nacionales sobre Molinología. Cadernos do Seminario de Sargadelos, nº 75. Sada: Ediciós do Castro, 1997, pp. 713-723. ISBN 84-7492-862-1

Pena Graña, A.: Industriais e Reais Fábricas de Narón en Tempos da Ilustración. Cardesín Díaz, J. M. (epíl.). Narón: Equona Deseño Editorial, 2007. ISBN 978-84-920185-81

Soraluce Blond, J. R.; Fernández Fernández, X. (dir.): Arquitecturas da provincia da Coruña: Ares, Fene, Mugardos, Narón e Neda. A Coruña: Deputación da Coruña, 1999. ISBN 84-95335-07-7

Urgorri Casado, F.: “Los molinos de Bermúdez en Puente Lambre y la molinería en Ferrol y Betanzos en los iglos XVII y XIX”. Untia. Boletín do Seminario de Estudios Mariñáns, 1986, vol. II, pp. 153-183.

Data de Actualización:

2009