009 As Aceas de Verxeles

  • Provincia: Lugo
  • Concello: Viveiro
  • Parroquia: Viveiro (Santiago)
  • Lugar: Viveiro
  • Paraxe: Ría de Viveiro
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.65650491560459
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -7.6036870493362585
  • Coordeadas UTM: H 29 // X 612708.49 // Y 483485.96
  • Clasificación: Muíño de mar
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría
  • Comarca: A Mariña Occidental
  • Marco Xeográfico: Ría de Viveiro
  • Ámbito: Urbano

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Si, exteriormente

Historia:

Gabriel Galcerán “hizo y edificó por su cuenta unas aceñas o molinos harineros en el sitio denominado de Vergeles” a finais do século XVIII.

No ano 1864, Benito Galcerán, neto do anterior, vende as aceas a D. Nicolás Dorado Pernas quen dez anos máis tarde vende o muíño a D. Ramón do Chao López. Este, a súa vez, vólveo a vender a D. Francisco Castiñeiras Moreiras, e vai cambiando de dono a través dos consecutivos herdeiros ata que en 1951 D. Carlos Penabad e D. José Antonio Chao Cal o adquiren para a construción de dous chalés, mantendo só a planta baixa orixinal.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado na ría de Viveiro, onde verte as augas o río Xunqueiras que bordea o muro do convento de Valdeflores.

Construcción:

Finais do século XVIII.

Abandono:

Segunda metade do século XX (1955-1960).

Descrición:

O muíño ten un muro da presa moi longo e dividido en dous tramos, o primeiro de perpiaños e cachotes e o segundo fundamentalmente de terra. A presa é de grandes dimensións, e trátase dunha xunqueira aproveitada tradicionalmente polos veciños. A edificación estaba composta de dous pisos. Na planta baixa sitúanse catro canles de entrada da auga para mover as maquinarias, e dous arcos na saída. A planta alta, hoxe completamente modificada, estaba destinada a vivenda. O muíño tiña catro pedras, dúas albeiras e dúas negreiras, para moer trigo e millo.

Tempo de uso:

Todo o ano, aproveitando as mareas vivas cando se moían durante oito días seguidos, seis horas sen interrupción.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas de trigo e millo.

Emprego:

Un muiñeiro.

Materias Primas:

Trigo e millo.

Produtos Elaborados:

Fariñas de trigo e de millo. A moenda marcábase na proporción de 1 quilo por ferrado.

Distribución e comercialización:

A xente que ía moer viña de Viveiro maioritariamente, pero tamén de Xove, Xuances, etc.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009