011 Muño de Abaixo

Galería de Fotos

Ver
  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: A Guarda
  • Parroquia: A Guarda (Santa María)
  • Lugar: A Guarda
  • Paraxe: A Guía
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 41.9030675819378
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.877629041671753
  • Coordeadas UTM: H 29 // X 510223.91 // Y 4639479.75
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: O Baixo Miño
  • Ámbito: Rural

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Si, exteriormente

Xestión de visitas:

Non.

Historia:

Os muíños da Guarda pertenceron todos a un mesmo propietario. O número total de muíños que existiron foron sete, conservándose na actualidade seis deles, entre os que se atopa o Muíño de Abaixo. 

Descrición Xeral do Entorno:

Situado nun lugar elevado e rochoso, rodeado de vivendas.

Construcción:

Século XIX.

Abandono:

Primeira metade do século XX (anos 20).

Descrición:

Torre cilíndrica sen plataforma, feita de grandes cachotes de granito con rachas. Nos vans presenta perpiaños e posúe catro fiestras, unha por cada cara. Tivo dúas plantas e probablemente na primeira estivera a pedra de moer nun lugar máis elevado, ao que se accedería por uns escalóns.

A altura total do muíño eran 4,80 metros e a cuberta era xiratoria con velas de lenzo.

Tempo de uso:

Todo o ano.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas.

Produtos Elaborados:

Fariñas.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009