012 O Muño

  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: A Guarda
  • Parroquia: A Guarda (Santa María)
  • Lugar: Santa Tegra
  • Paraxe: Santa Catalina
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 41.88754244103252
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.877596855163574
  • Coordeadas UTM: H 29 // X 510171.96 // Y 4638051.49
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: O Baixo Miño
  • Ámbito: Rural

Tipo de propiedade:

Municipal

Visitable:

Si, exteriormente

Xestión de visitas:

Non.

Historia:

Os muíños da Guarda pertenceron todos a un mesmo propietario. O número total de muíños que existiron foron sete, entre os que se atopaba este nun estado moi deteriorado, os muros tiñan partes caídas. Foi adquirido polo concello da Guarda para unha posterior reconstrución.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado na área que circunda o monte Tegra, na zona máis setentrional.

Construcción:

Século XIX.

Abandono:

Primeira metade do séculoXX (c. 1920).

Descrición:

Torre cilíndrica sen plataforma feita con materiais inferiores. Ten tres fiestras, unha sobre a porta na planta alta. No interior era de dúas plantas e conservánse unha lareira e unha despensa. Nos muros do andar hai pequenos orificios como para as trabess. A cuberta era xiratoria con velas de lenzo.

Tempo de uso:

Todo o ano.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas.

Produtos Elaborados:

Fariñas.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009