016 Muíño do Cádavo

  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: Cotobade
  • Parroquia: Sacos (Santa María)
  • Lugar: Cádavo
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.5137484425429
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.49369764328003
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: Pontevedra
  • Ámbito: Rural

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Si, exteriormente

Xestión de visitas:

Non.

Historia:

Non se teñen datos sobre a súa historia pero hai constancia de que este muíño seguiu o modelo do emprazado na Vila de Abaixo.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado nun lugar elevado, preto dun grupo de casas e unha capela.

Construcción:

Primeira metade do século XX (1949) por Nemesio Fentanes. 

Abandono:

Mediados do século XX (1951).

Descrición:

O muíño está asentado sobre unha base de pedra duns trinta centímetros. A torre cilíndrica, dunha única planta, tiña unha altura de 2,65 m. e estaba feita con perpiaño asentado con pequenas rachas. A porta é o único van que posúe a torre, era de madeira dunha soa folla. A cuberta cónica estaba encaixada na parede. As pedras coas que se construíu viñeron de Pedre ao igual que os canteiros.

No interior albergábanse os elementos mecánicos: a roda vertical cuxo eixo era de seixo, as moas e o pé que tamén foron traídos desde Pedre; ademais tiña un espazo para o gran e outro para o depósito da fariña pero non posuía armarios ou despensas.

O muíño funcionou durante dous anos xa que durante a súa contrución non lle puxeron rodas para facer xirar a cuberta, co que o labor de moenda era moi complicado. 

Hoxe en día consérvase a torre sen a cuberta e unha soa moa.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas.

Produtos Elaborados:

Fariñas.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009